onshape_exportar

December 6, 2017 | Author: Sabela Rivera | Category: N/A
Share Embed Donate


Short Description

Descripción: práctica OnShape...

Description

OnShape – Exportar STL

Listos para imprimir: Exportar a .stl Unha vez que xa temos lista a nosa peza imos exportala no formato .stl.

Que é o formato .stl? É un formato de arquivo de deseño asistido por computador (CAD), que define a xeometría de obxectos 3D. Utiliza unha malla de triángulos pechada para definir a forma do obxecto. Canto máis pequenos son os triángulos, maior será a resolución do ficheiro final. O tamaño dos triángulos está directamente relacionado co peso do ficheiro, polo que é aconsellable chegar a unha solución de compromiso entre a resolución e o peso do ficheiro. Para que necesitamos o arquivo .stl? O arquivo .stl, será o que utilizaremos no noso programa de laminado, por exemplo, CURA, para preparar a nosa peza para imprimila en 3D. Imos abrir unha peza en Onshape, xa rematada. Facemos clic co botón dereito do rato sobre ela:

Escollemos a opción de Export… Escollemos o formato .STL

1

Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)

OnShape – Exportar STL

Agora, escollemos as unidades, a resolución, a opción de descargar e dámoslle un nome á peza:

E listo! Xa temos o noso arquivo en .stl para a continuación abrilo no noso programa de laminado!

2

Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)

View more...

Comments

Copyright ©2017 KUPDF Inc.
SUPPORT KUPDF