On Shape
Short Description
Descripción: práctica OnShape...
Description
OnShape
Introdución a Onshape Que é Onshape? Onshape é un programa de deseño CAD 3D na nube. Esta aplicación online de CAD 3D foi desenvolvida polo equipo fundador de SolidWorks. Funciona sobre un navegador web (Chrome, Safari, Firefox) e en calquera ordenador (Windows, Mac, Linux, Chromebook), non hai que descargar nin instalar software nin licenzas. Todos os proxectos quedan gardados de forma automática e segura na nube e están sempre up-to-date, para que poidas cambialos no teu teléfono, tablet ou no navegador web. Tamén podes compartir os documentos con outras persoas e traballar sobre as mesmas pezas e montaxes en tempo real. Rexistra unha conta na web: https://www.onshape.com/
Como deseñar en 3D? O procedemento é o mesmo que en calquera programa CAD: a partir dun esbozo (elemento 2D) crearemos un sólido que poderemos seguir modelando mediante as ferramentas de transformación (redondeo, chafrán, booleana,…) se sexan necesarias.
Pódese tamén traballar sobre sólidos feitos por outras persoas ou en outros programas, e editar o que se desexe.
Primeiros pasos Como acceder Imos ao seguinte link: https://www.onshape.com/
1
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
Na parte superior a dereita, temos «Create account» para crear unha conta persoal, onde se vai almacenar o que deseñemos.
Cambiar unidades Antes de comezar a debuxar teremos que por as unidades do programa no Sistema Internacional: 1. 2. 3. 4.
Desprazar o rato hasta a esquina superior dereita e localizar o nome da conta que creamos. Despregar o menú e fai clic en «Manage Account». A esquerda, en «Account Settings» na terceira opción temos «Preferences», fai clic nela. No menú «Units» poñemos as unidades do S.I: • Lenght units: Millimiter • Angle units: Degree • Mass units: Kilogram 5. Fai clic en «Save Units» e dálle á icona de inicio (a icona de Onshape na marxe esquerda superior).
Crear unha nova peza Para esbozar, teremos que crear unha nova peza, para isto teremos que seguir os seguintes pasos: 1. Na marxe esquerda superior, atopamos o botón «Create». 2. Nos aparecerá unha xanela, na que deberemos escoller o título da peza e se a peza será pública ou privada; unha vez completado, pulsamos «OK». 3. Cargarase unha pantalla onde teremos todas as ferramentas para crear e transformar sólidos.
2
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
Uso do rato Saber conseguir un correcto zoom e orientación da peza que imos crear é importante para traballar de forma rápida e cómoda. As funcións principais fanse da seguinte maneira: • Zoom: realízase coa roda do rato (Scroll). • +Zoom: Scroll cara adiante. • -Zoom: Scroll cara atrás. • Desprazar: mantendo pulsado o Scroll e arrastrando. • Rotar: situamos o cursor no centro de onde queremos rotar, facemos clic co botón dereito e rotamos.
Esbozar 1. Na marxe esquerda superior, fai clic en «Sketch». 2. Agora teremos que indicar o plano no queremos debuxar o perfil 2D, un dos que están predefinidos (Top, Front e Right) ou crear outro previamente na 5º icona empezando pola dereita, onde teremos varias opcións para crear este plano. Imos seleccionar o plano Top. 3. Unha vez escollamos o plano aparecerá rodeado por un recadro máis grande, que porá o nome do Sketch, Sketch 1, neste caso; para comezar a debuxar o máis cómodo é por unha vista normal o plano, para isto: Botón dereito encima do plano do Sketch 1, e seleccionaremos a opción «View normal to sketch plane», se este nos quedase nunha orientación non desexada poderíamos orientalo co menú da marxe dereita.
3
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
4. Cando esteamos dentro do noso Sketch o menú superior cambiará de ferramentas, pasará a ter as ferramentas de esbozar.
Ferramentas 2D Probando as ferramentas de creación de xeometría 2D Imos facer as nosas primeiras liñas…
Vai creando a túa primeira proba.
Liñas: Con esta ferramenta crearemos liñas. O primeiro clic define o primeiro punto e para darlle o segundo punto fai un clic máis onde se desexe. Posteriormente darémoslle as relacións pertinentes. Se non lle damos á tecla de ESCAPE, cando completemos unha liña volverá a facer unha liña que parta do punto final da anterior.
Rectángulos: Con esta ferramenta crearemos un rectángulo, esta icona ten un menú despregable con dúas opcións; coa
4
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
primeira icona o punto que seleccionemos será o vértice do cadrado, coa segunda o punto que seleccionemos será o centro do cadrado. A opción de cadrado de centro é moi útil para facer un cadrado sobre a orixe ou facer un cadrado centrado.
Circunferencias e elipses: Esta ferramenta permítenos crear circunferencias e elipses. Ten un menú despregable onde encontraremos 3 opcións: • A primeira crea unha circunferencia con centro onde fagamos clic. • A segunda crea unha circunferencia que pasa por 3 puntos dados. • A terceira crea unha elipse que pasa por 3 puntos no seguinte orde: Centro, Eixe maior, Eixe menor.
Arcos Con esta ferramenta crearemos arcos de circunferencia. Esta opción ten un menú despregable con 3 opcións: • 1ª opción: arco que pasa por 3 puntos, o primeiro e o segundo punto define os extremos, e o terceiro o radio. • 2ª opción: arco tanxente (a unha recta, unha semicircunferencia…) que pasa por un punto; o primeiro punto é o que será tanxente e o segundo estará contido. • 3ª opción: arco que pasa por 3 puntos, o primeiro punto define o centro do arco, e o segundo e o terceiro o inicio e fin.
Polígonos Esta ferramenta permítenos crear polígonos de 3 a 50 lados, que poderán ser inscritos (1ª opción) ou circunscritos (2ª opción). O procedemento é sempre o mesmo: 1. 2. 3. 4.
Clic onde desexamos situar o centro. Clic no diámetro aprox. da circunferencia. Mover o rato para indicar o número de lados. Clic e listo.
Curvas Esta ferramenta «Spline» serve para crear curvas a través de puntos, estas curvas manteñen a tanxencia sempre co seu tramo anterior, estas se definen mellor cantos máis puntos se seleccionen. Incluso unha vez realizada pódense engadir máis puntos na segunda opción do menú despregable.
Puntos Con esta ferramenta crearemos puntos que nos poden axudar para realizar arcos ou Splines. Faise clic aproximadamente onde se desexe situar o punto e acótase posteriormente.
5
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
Textos Isto nos permite crear textos con varios tipos de letra. O proceso de creación é sinxelo, como se se crease un rectángulo escribindo posteriormente o texto que desexamos e acoutando o rectángulo no que é contido. A relación de aspecto do texto sempre se mantén.
Axuda: Relacións xeometría 2D Descrición Estas ferramentas permiten dar relacións a xeometría 2D que non poden ser dada a través de cotas, como poden ser as relacións de tanxencia, de coincidencia, de paralelismo… Son necesarias para ter correctamente definido o noso Sketch. Antes de dar a relación é necesario ter os elementos seleccionados.
Coincidencia Esta primeira relación é de coincidencia, que se poderá dar entre punto e recta, punto e punto, punto e curva, recta e recta… Hai situacións nas que esta relación non se poderá usar, en casos lóxicos, onde é xeometricamente imposible que sexan coincidentes dúas xeometrías.
Concentricidade Esta relación permite facer concentricidades, que habitualmente serán entre circunferencias e arcos. Non se poderá facer concentricidades con figuras que non teñen centro.
Paralelismo Esta relación é a de paralelismo coa que poderemos facer que varias liñas sexan paralelas entre si.
Tanxencia Esta ferramenta da relación de tanxencia, xa pode ser entre liña e curva, liña e circunferencia, circunferencia e circunferencia… En moitos casos é necesario prolongar a liña á que se lle dá tanxencia, pois que sexa tanxente non quere dicir que sexa coincidente.
6
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
OnShape
Horizontal Esta ferramenta fai que unha liña sexa horizontal, é dicir paralela á liña de terra do Sketch.
Vertical Esta ferramenta fai que unha liña sexa vertical, é dicir perpendicular á liña de terra do Sketch.
Perpendiculares Esta ferramenta fai que perpendiculares entre elas.
dúas
liñas
sexan
Mesma lonxitude Esta relación fai que dúas rectas ou arcos teñan a mesma lonxitude.
Punto medio Esta relación fai que un punto sexa o punto medio de unha recta ou unha curva.
7
Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)
View more...
Comments