Maps Appinventor

December 5, 2017 | Author: Sabela Rivera | Category: N/A
Share Embed Donate


Short Description

Descripción: Practicas App Inventor Maps...

Description

APP INVENTOR: Un tour por París! Obxectivo Crearemos unha aplicación que permita facer un percorrido virtual de París. A creación dunha aplicación cun mapa completo pode parecer moi complicado, pero App Inventor 2 permite utilizar o compoñente ActivityStarter con Google Maps para as localizacións virtuais que facilitan moito o traballo. En primeiro lugar, construirás unha aplicación que lanza mapas da Torre Eiffel, o Louvre e Notre Dáme cun só clic. A continuación, poderás modificar a aplicación para crear unha visita virtual de mapas de satélite dispoñibles a partir de Google Maps.

Preparación Necesitas unha icona para a túa App (Imaxe de Pixabay.com – CC0 Dominio Público) Crea un novo proxecto no App Inventor chamado “ParisMapTour“. A interface de usuario da aplicación ten: • Unha imaxe cunha foto de Paris: Interfaz > Imagen1 (Obxectivo: Mostrar unha imaxe dun mapa de Paris en pantalla) Descarga a imaxe metro.jpg Imaxe de Pixabay.com – CC Dominio Público • Unha etiqueta con texto: Interfaz > Etiqueta1, co texto “Descubre París co teu Android“. • ListPicker, que vén cun botón asociado: Interfaz > SelectorDeLista1 (Obxectivo: Mostrar unha lista para seleccionar un destino), co texto “Elixe destino en París“. • ActivityStarter (non visible): Connectividad > ActivityStarter1 (Obxectivo: Abrir a aplicación de Mapas para ir ao destino).

As propiedades de ActivityStarter ActivityStarter é un compoñente que che permite lanzar en calquera aplicación de Android un navegador, Google Maps, ou mesmo outra das túas propias aplicacións. Vas construír ParisMapTour onde a aplicación Maps se lanzará para mostrar mapas particulares baseados na elección do usuario, ademais tamén pode pulsar o botón Atrás para volver e elixir un destino diferente. Para esta aplicación, tes que especificar as propiedades seguintes (Ollo: as letras maiúsculas / minúsculas son importantes): • Acción: android.intent.action.VIEW • Clase: com.google.android.maps.MapsActivity • Paquete: com.google.android.apps.maps

Programación Abre o editor de Bloques e crea unha variable coa lista dos tres destinos de París:

Para mostrar a lista cando a aplicación se inicia:

Pon a proba a túa App: cando fagas clic no botón “Elixe destino en París“. O selector de lista debe aparecer cos tres destinos.

Lanzar GoogleMaps Se o usuario elixiu a primeira opción, “Torre Eiffel”, a propiedade “UriDelDato” (que permite lanzar un mapa específico en Google Maps) establecese en: “https://maps.google.com/? gep:0,0&q=”

De tal xeito, que une o texto do destino seleccionado a busca en Google Maps. Pon a proba a túa App!

Programación de bloques da App Tour por París

Configurar o Tour Virtual Se prefires darlle vida á aplicación e que abra algunhas das magníficas vistas da rúa e os monumentos de París. Para iso, primeiro exploraremos Google Maps para obter a URL dalgúns mapas específicos. Cando o usuario elixa un destino utilizarase o índice (a posición na lista) da súa elección para seleccionar e abrir un mapa específico á vista da rúa. O primeiro paso é abrir Google Maps para atopar os mapas específicos para cada destino: 1. No computador, http://maps.google.com. 2. Busca un punto de referencia (por exemplo, a Torre Eiffel). 3. Achegate ao nivel que desexes. 4. Elixe o tipo de vista que queres (por exemplo, satélite e 3D). 5. Copia a URL do mapa. Imos utilizar esta URL para lanzar o mapa dende a aplicación. A continuación están as URL que usaremos (Botón dereito -> copiar a localización da ligazón) • Torre Eiffel • Louvre • Notre Dame Necesitarás unha lista chamada “DatosUris”, que contén unha URL para cada mapa que se desexa mostrar.

Programación de bloques da App Tour por París con vistas dos monumentos

Reto: Crea unha App da túa cidade con tres lugares de interese, ou se o prefires escolle unha capital europea.

Elaborado por Alicia Pérez tecnoloxía.org

View more...

Comments

Copyright ©2017 KUPDF Inc.
SUPPORT KUPDF