Galicia Nos Textos Clásicos. Ana Maria Romero Masia. Xosé Manuel Pose Mesura. - PDF

March 28, 2017 | Author: josephlarwen | Category: N/A
Share Embed Donate


Short Description

Galicia / Galiza Nos Textos Clásicos. Ana Maria Romero Masia. Xosé Manuel Pose Mesura. - PDF Tags: Hist...

Description

MONOGRAFIAS URXENTES DO MUSEU

ANA ROMERO MASIA XOSE MANUEL POSE MESURA

GALICIA NOS TEXTOS CLASICOS

'",

Colección: monografías urxentes do museu n. o 3 Edicións do Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial Concello de A Coruña. Galiza - España. Título: Galicia nos Textos Clásicos Autores: Ana M. a Romero Masia - Xosé Manuel Pose Mesura Maqueta: X. Raúl López Naya e Begoña Bas Temas portada: mosaico de Tralhariz (arriba) e mosaico da rúa Armañá - Lugo (abaixol. ISBN: 84-505-7380-7 Dep. Legal: C - 282 - 1988 Imprime: Gráficas do Castro/Moret. O Castro. Sada. A Coruña. 1988.

Edición patrocinada por



~ CAixAcr{]~o~

INDICE

PAXINA PRESENTACION INTRODUCION

9 ,.3

ABREVIATURAS

15

EDICIONS

16

HERODOTO (484-425 a. X. aprox.l

17

CESAR (101-44 a. X.l

18

DIODORO DE SICILlA (?-36 a. X.l

19

SALUSTIO (87/86-35 a. X.l

20

STRABON (64 a. X. - 19 d. X. aprox.l

21

TITO LIVIO (64-79 a. X. - 17 d. X.l

46

PAPIRO DE OXYRHYNCHOS (das periochae de Tito Liviol

48

PUBLlO OVIDIO NASON (43 a. X. - 17/18 d. X.l

49

VELEIO PATERCULO (19 a. X. - 31 d. X.l

50

GRATTIO

51

APIANO

52

POMPONIO MELA (S. 1. d. X.l

55

PLINIO (23-79 d. X.l

60

VALERIO MAXIMO (S. 1. d. X.l

84

SILIO ITALICO (25-101 d. X.l

85

MARCIAL (40-104d. X. aprox.l

89

PLUTARCO (50-120 aprox.l

92

L. ANNEO FLORO (fins do S. 1. - comenzos do S. 11. d. X.l

94

PTOLOMEO (100-170 aprox.l

97

DtON CASSIO (155-235 d. X. aprox.l

107

ITINERARIO DE ANTONINO...............................................................................

111

LUCIO AMPELIO

123

M. IUNIANO IUSTINO

124

."- ..

PAXINA .

128

EUTROPEIO (S. IV d. X.l

..

137

SERVIO HONORATO (S. IV d. X.l

..

138

.

139

..

140

RUFO FESTO AVIENO (S. IV d. X.l

LATERCULO DE VERONA POLEMIO SILVIO (S. IV d. X.l

.

141

PAULO OROSIO (finais d. S. IV - comenzos do S. Vd. X.l

..

142

CLAUDIO CLAUDIANO (fins do S. IV - comenzos do S. Vd. X.l

..

149

.

150

RUFIO FESTO (S. IV d. X.l

ANONIMO DE RAVENA XOAN ZONARAS TABOA DE PEUTINGER TABOAS DE BARRO DE ASTORGA BIBLfOGRAFIA INDICE DE NOMES PROPIOS E TEMATICO

.

153

..

155

.

156

.

157

..

162

..,'

PRESENTACION A AUGA DO LlMIA E A MEMORIA DE GALlCIA Unha das mentiras que con máis éxito nos contaron os historiadores grecoromanos está nunha telegráfica perícopa de Tito Livio. É a 55. O caso empeza en que a tradición galaica parece que aseguraba que cruza-lo río Limia producía amnesia. E aqueles historiadores refírense a el ca nome de Río Leteo ou Oblivio, é dicir, ((Río do Esquecemento)). Pero Livio canta que os soldados de Bruto, cando van perseguindo ós galaicos, polo si ou polo non, néganse a cruzalo e que Bruto lIe calle a enseña militar ó signífero, cruza el o río e dende a outra banda convence á tropa de que atravese. E aí vai agachadiña a mentira: disque non lIe esqueceu nada. De ande se deduciría que a tradición galaica (esquecida por coherencia ¿viches?) sería unha argallada indíxena para frea-Io ímpetu invasor das cáligas romanas. ¿Que non esquece nada? Esa si que é boa. ¡Aquí, no Limia, esquece todo! E esquece nas dúas direccións. Repasade a historia de España, esa especie de multinacional na que Galicia participa hai tantos séculas con tan alto capital. Abride os capítulos que nesa historia escribiu Galicia e veredes páxinas borradas ou case ilexibIes. Buscade, só por probar, a participación galega na xesta transatlántica. Ou repasade a historia de Portugal, ese filIo pródigo, e veredes como teimosamente borraron incluso os topónimos que podían lembrar un pasado galego. A auga do Leteo-Limia correu a tinta das páxinas galegas nesas dúas historias. A auga do Limia, polo menos isto que non esqueza, agurgulla na lagoa Antela que asolagou no esquecemento a cidade de Antioquía. E destoutra banda do río pasa igual. ¿ Ou non foron os filólogos italianos os que nos tiveron que atopar no século XIX a nasa lírica medieval da que nós xa nin tiñamos noticia? ¿Ou non son séculas escuras case a metade da nasa historia moderna? ¿Ou non é amnesia étnica a que explica iso que hiperbolicamente chamamos autoodio e, mellar dito, complexo de inferioridade colectivo, que tanto nos distingue e do que viven as seccións de ((Cartas al Directof)) e mailos pícaros anticuarios que recorren as nasas aldeas comprando os pesos a pataco? (¡E lago dirán que a cultura non é diñeiro!) Por esquecer, eu supoño que ós máis dos ((/imiaus)) tamén lIes esqueceu que o seu río ten esa perigosa característica. A amnesia, a falta de senso histórico, é unha das características dos galegos que temas metido na cabeza que o mundo empezou cando nós chegamos a el. E, claro, así é imposible comprender nada do que pasa; e así, por irmos a un caso, a cada pasiño que a lingua galega dá para ocupa-lo seu posta na vida pública, ou triunfa unha moción de censura, ducias de galegos teñen que ir ó muro das lamentacións das ((Cartas al Directof)) e sacudir, coma se fose propia, a sorpresa que tales feitos producen fóra de Galicia. Os grandes pobos están feitos de grandes memorias. E aquí o que nos falla é a memoria. Aquí houbo soldados que, para quenceren á beira dun lume, queimaron pergamiños. E houbo pergamiños que serviron para fabricar foguetes. Aquí nos faiados de case tódalas casas de aldea hai documentos ben antigos insensatamente entregados ós ratos, á couza, á humidade. ¿Quen dixo que non esquencía? Esta é a Terra do Esquecemento. Un gran pobo lembra. Porque un pobo é unha memoria

9

colectiva, unha coherencia étnica e un proxecto común de futuro. Velaí por que os íncolas desta Terra do Esquecemento temos crise de identidade e discutimos se estamos xa nas boqueadas coa candea na man ou se, vaia, imos indo ou se arranxamos e revivecemos. E non falta quen discuta se somos ou non somos. Nós. ¿Oue somos nós? ¿Cal é a nosa historia antiga? Porque, despois do desastre do Medulio e coa onomástica latina ou xermánica que todos portamos no carné de identidade dificilmente nos podemos considerar (((il/os de Breogán)). ¿ Serémo-Ia necesidade estraiéxica de achega-Io limes romano ata a fronteira natural da Costa da Morte? ¿Ou seremos simplemente os fil/os da auri sacra fames dos centurións romanos? ¿ Ouen viñan sendo aqueles galaicos que só despois de 200 anos quedaron eficazmente vencidos e que maioritariamente preferiron a morte coa pezoña do teixo á sumisión a Roma? ¿Ouen somos nós? Nós, sucesores deles, iso si, na posesióndesta terra, ou peor, na tarefa atávica de que non se repita con nós a historia deles, temos que confesar: quod nihil scitur, como dicía o tudense Francisco Sánchez. ¿A nosa historia antiga? Catro farrapos daqueles poetas metidos a historiadores, ou daqueles que da deformación histórica facían obra de arte ou daqueles etnógrafos cun chisco de mala idea subliminal, eses poucos farrapos, digo, e un monl/o de pedras escritas á beira dos camiños non dan para tecer unha historia. Pouco máis sabemos, coma naquel caso que contaba Anatole France, que (maceron, sufriron e morreron)). Esquenceunos conserva-los textos antigos que falaban de nós. E, para máis, a severa historiografía que hoxe se leva non anda con lerias. ¡Mal polos pobos que chegamos aquí sen consolidármo-Ios nosos mitos étnicos! A severa historiografía que se leva avanza con negacións. Aquí non houbo gregos, din todos. Aquí non houbo celtas, din algúns tamén. ¿E que houbo logo? E responden con medidas de muros castrexos, catalogacións tipolóxicas de anacos de cerámica, datos fragmentarios da dieta alimenticia e sólidas pero mínimas faíscas de luz sobre a organización política, relixiosa, militar, familiar. Disque non dá para máis. E só me queda o soño (soño deses de soñar desperto) de que algún día nun país oriental atopémo-Ia versión eslava dun orixinal grecolatino perdido e que nos portén a nós. E, ata entón, a contentarse coas farangul/as que nos proporcionan a epigrafía e a arqueoloxía. Pero hai que loitar contra a amnesia. Porque, se Bruto celebra un triunfo en Roma, ergue un templo e recibe o título de Galaico e se no Medulio parece que houbo un xenocidio cen anos máis tarde, vese que aquí había xente; e xente, que non permitiu que a invasión romana fose un desfile da victoria. Antes de chegar á extracciónanual de seis toneladas de ouro con destino ás arcas de Roma, das que dá fe o procurador Plinio, debeu de habe-Ios seus máis e os seus menos. Tivo que haber unha epopeia que non atopou cantor. Ou que si, pero que nos esqueceu. ¿Ouen sabe? Case nada sabemos. E precisamente neste libro tes, lector, o pouco que non nos esqueceu do que os escritores gregos e romanos deixaron escrito sobre a Gallaecia, finis terrae. Estas son, polo tanto, as fontes literarias da nosa historia antiga. Máis que· fontes, fontaíñas ou fontelas. .E, de por parte, ¡moito 01/0 ó beberes esta auga de dubidosa potabilidade! Porque daquela a historia era cousa de literatos que se interesaban novelescamen te polas cousas notables, polos feitos heroicos, polos homes que cortaban cabezas ou a quen I/ela cortaban, pola tona noticiable das cousas. ¡E das cousas do seu país! ¡E

10

case todos coa idea común de xustifica-Io imperialismo romano! Así que, lector, al/o que parcialidade, subxectividade e imperialismo están entre liñas, facendo que mesmo unha aparente descrición etnográfica quede reducida a caricatura descalificadora, como nos fixo ver Bermejo en Estrabón. Aquí te-los datos para unha historia parcial. A historia é dos que a escriben. E os que a poden escribir son os vencedores. E a historia dos vencedores é sempre apoloxética, é operación de imaxe, como se di hoxe. E aí está a fonte da nasa amnesia. Gal/aecia e Galicia son basicamente perdedoras, galaicos e galegos somos basicamente perdedores. Cruzámo-Io Limia con Bruto, pero quedamos aquí convertidos en romanos periféricos e o meigal/o desta Terra do Esquecemento venceunos. Esquéhcenos toda a historia posterior como nos esqueceu a historia dos galaicos. Gallaecia capta ferum victorem cepit. ¿ En tendes agora? Hai que loitar contra a amnesia. Porque sen a memoria dos agravios comparativos non hai maneira de entende-Io atraso económico de Galicia (agora que todo se ventila en termos económicos e van suprimi-Ias humanidades). Sen a memoria histórica non é posible comprender como pode haber unha Galicia atrasada pasándol/e pala porta o sol da maior rota comercial de Europa. Se é a amnesia a que posibilita o naso atraso integral, o naso rexurdimento depende da recuperación da memoria. Pero, xa o sabe todo o mundo, secámo-Ia lagoa Antela. E, de paso que recuperámo-Io esquecido cultivo do liño para a nova moda galega, empézannos a acordar causas. E na universidaáe trabá//ase en múltiples liñas de pescuda na nasa historia. E as ((Historias de Galicia)) son un éxito editorial. Os galegos queremos saber de ande vimos para decidir a ande queremos ir. É o momento de libros coma o que tes na mano Este libro, obra dun latinista e dunha historiadora (a máis de expertos arqueólogos en Borneiro e na terra de Trasancos), é a culminación dun proxecto que xa concebiran e mesmo iniciaran os homes da revista ((Nós)) no ano 1923 no n. o 17. Pero daquela Galicia estaba menos madura que hoxe. Este libro tiña que aparecer e aparece agora, cando a recuperación da memoria é un fenómeno paralelo doutros que evidencian o rexurdimento de Galicia. E valen para esta edición as palabras que os homes de ((Nós)) antepoñían á súa primeira entrega: Poderase dicir que tódolos textos de autores clásicos están xa publicados, estudiados, comparados, sabiamente anotados e que xa teñen dado de si toda a sustancia histórica que conteñen; mais abondara lembrarse, para xustifica-Ia nosa empresa, de que estes textos atópanse en publicacións pouco abertas ó público letrado, nas que as noticias, moitas veces, vagas e incertas sobre Galicia, andan mixturadas coas doutras terras exentes.

Aquí temas moito material de trabal/o os estudiantes de latín, de grego, de historia. Porque non sería difícil sinalar unha ducia de pasos nos que os textos son escuras e admiten outra lectura e outra traducción. Aquípodemos aprende-los rudimentos das linguas clásicas, como quería o P. Sarmiento, con algo máis naso có ~v "t"ñ &.yop~ dc1!.v ob,Ccxl, (que despois nos nasos castros non damos atopado a &'yopcf ). E mesmo podemos exercitarnos en agrupa-los textos que falan do mesmo asunto e establece-las concordancias e discrepancias das diferentes fontes. Como coautor do primeiro libro para o estudio do latín pensado para galegos, paréceme u.nha gran axuda este libro de Pose Mesura e Romero Masiá. O lector debe sa-

11

ber que Xosé Manuel Pose tamén nos axudara nos primeiros momentos a facer aquel libro. E non perdeu as mañas. Un pobo é en parte unha memoria. O crecen te interés pola historia de Galicia, do que este libro é exemplo palpable, evidencia que esta etnia opta por recupera-la memoria. E isto é mais significativo se pensamos que os gobernantes de España neste momento parecen optar pola amnesia. Temos aquí un índice máis da lenta pero multiforme recuperación desta etnia que chamamos Galicia. SÓ os duros de corazón e os que namais se miran no espello dos xornais e da TV de Madrtd poden pasar por alto que aquí nestes decenios estamos a recupera-la memoria e a escribir unha historia nosa. Logo vivimos. Logo somos alguén. Na Caeira de infausta pero heróica memoria a 30.X.1987. Xesús Ferro Ruibal

12

INTRODUCION

o coñecemento das fontes literarias antigas sempre é un punto de partida imprescindible na investigación que teña por obxecto unha meI/or comprensión do pasado dos pobos. Por iso, e para facilitar un pouco esta tarefa é polo que presentamos unha ampla escolma de textos literarios gregos e latinos referidos a Galicia. A desinformación sobre o N- W peninsular na Antiguidade é grande ata que os romanos entran en contacto cos pobos do que será a futura Gal/aecia; estes contactos enmárcanse no panorama xeral da conquista de Hispania e, concretamente, como un episodio das guerras Lusitanas, cando Décimo lunio Bruto chega aquí no ano 138 a. X. logo de atravesa-Io temible Lethes. Os escritores anteriores a este episodio ou ben non falan do N- W ou ben dan noticias moi ambiguas, cando non fantásticas; algúns recoñecen públicamente esta iñorancia, como Herodoto. Noutros casos, o N- W preséntase coma un país interesante sobre todo pola abundancia do estaño, ((kassitero)), que chegaría a da-lo nome ás il/as Kassiterides. Estes dous datos, o metal e as il/as, xunto co nome do romano vencedor dos Gal/aicos, Bruto, son os datos que se atopan máis repetidos nas Fontes. No caso do metal do estaño, seguramente el foi a razón das viaxes que, partindo dende Gades, explorarían o Océano establecendo as rutas comerciais que controlaron fenicios, púnicos e tartésicos. Algúns destes viaxeiros deixaron noticias das súas exploracións como é o caso de Himilcón ou de Piteas. Pero estas experiencias non tiveron seguidores e case que caeron no esquecemento. Posteriormente, escritores gregos viaxaron a Iberia e tamén recol/erán datos que transmitirán nos seus trabal/os; Polibio, Posidonio, Artemidoro, pisarán terra hispana pero non chegan a Galicia. Así, namentras outras zonas peninsulares como o Levante ou o Sul son bastante ben coñecidas por estes autores antigos, o Noroeste e o Norde, mesmo na época de Augusto, xa no cambio da Era, sigue sendo unha ((terra ignota)). De entre tódolos autores que dan algunha información sobre o N- W destacan Strabon, Mela, Plinio e Ptolomeo; gracias a eles coñecemos accidentes xeográficos, cidades, pobos, costumes, etc. Xunto coas noticias destes autores referidas a Galicia presentamos unha recopilación de temas doutros autores clásicos, gregos e latinos, ata o S. IV d. X. e unha escolma de noticias do S. V. en adiante. O marco cronolóxico está delimitado polas noticias referidas á conquista e posterior organización administrativa e mIlitar do dominio romano, prescindindo dos datos referidos a cristianismo, herexías, invasi6ns bárbaras, etc. e tamén das fontes de carácter epigráfico. 13

É sabido que a Galicia actual non coincide con ningunha delimitación da época romana e que formaba parte dunha provincia de máis amplitude, a Gallaecia. O terrirorio galego era, inicialmente, parte da Lusitania e lago da Citerior ou Tarraconense; Caracalla e Diocleciano modificaron esta situación rematando por se crear a provincia de Gallaecia cos tres Conventos, Lucense, Bracarense e Asturicense. O territorio da Galicia actual estaba ocupado polo convento xurídico Lucense, a parte N. do Bracarense e a parte W do Asturiciense. O límite máis impreciso foi sempre o Leste, xa que nos restantes, o Océano e os ríos marcaron mellar as fronteiras. Os datos que, cun eminente carácter divulgativo, presentamos, están referidos ó actual territorio galego dun modo específico e, unicamente naqueles casos en que é imprescindible para a comprensión xeral do texto, estes datos poden ter un marco de referencia máis amplo. A presentación sigue unha arde cronolóxica de autores. Os comentarios dos diferentes temas fanse nos puntos nos que aparecen citados por primeira vez no tempo ou nos que son tratados polos autores dun modo moi específico e cun especial interés. A dificultade de interpretación dos datos que proporcionan as fontes presenta, en ocasións, auténticas imposibilidades; así, a localización de grupos étnicos ou de cidades ou de determinados accidentes xeográficos que non son identificables nin pala Toponimia, nin pala Arqueoloxía. E evidente que estas fontes antigas teñen que ser comprobadas; a Etnografía, a Lingüística, a Arqueoloxía, etc. axudan a facer máis cIaras, compresibles e valiosas as fontes escritas dos clásicos. A percura do material non sempre é doada e posiblemente este trabailo non tería chegado a bo término sen a axuda prestada por amigos e compañeiros; a todos, e dun modo especial a M. 8 José García Blanco e Xesús Ferro Ruibal, gracias.

ABREVIATURAS

A. B. Lugo = Actas do Bimilenario de Lugo Actas do S. A. N. O. P. = Actas do Seminario de Arqueología do Noroeste Peninsular. A. E. Arq. = Archivo Español de Arqueología. Arquivos do S. E. G. = Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. B. T. = Biblioteca Teubner. Leipzig. Bol. Aur. = Boletín Auriense. C. C. P. M. O. = Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. B. R. A. G. = Boletín da Real Academia Galega. B. R. A. H. = Boletín de la Real Academia de la Historia. B. S. A. A. = Boletín del Seminario de Arte y Arqueología. Valladolid. Vol. Soco Geo. = Boletín de la Sociedad Geográfica. B. U. S. = Boletín de la Universidad de Santiago. Brac. Aug. = Bracara Augusta. C. A. N. = Congreso Arqueolóico Nacional. C. A. S. E. = Congreso Arqueológico del Sur Este Español. C. 1. L. = Corpus Inscriptionum Latinarum. C. S. 1. C. = Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Cuad. Est. Cero Sargo = Cuadernos de Estudios Cerámicos de Sargadelos. C. E. G. = Cuadernos de Estudios Gallegos. Cuad. M. P. G. = Cuadernos do Museo do Pobo Galego. Dion C. = Dion Cassio. El M. E. = El Miliario Extravagante. E. M. P. = El Museo de Pontevedra. F. H. A. = Fontes Hispaniae Antiquae. H. A. = Hispania Antiqua. 1. P. S. E. G. = Instituto «Padre Sarmiento» de Estudios Gallegos. /t. = Itinerario de Antonino. Legio VII G. = Legio VII Gemina. León. M. J. S. E. = Memoria de la Junta Superior de Excavaciones. Papo Oxyr. = Papiro de Oxyrhynchos. Ptol. = Ptolomeo. Pub. M. Castrelos = Publicaciones del Museo de Castrelos. Rav. = Anónimo de Ravena. R. G. = revista de Guimaraes. S. A. = Studia Arqueologica. Silio 1. = Silio Itálico. Str. = Strabon. T. Astorga = Táboas de Astorga. T. Peut. = Táboa Peutinger.

EDICIONS AMPEUO, Lucio, E. Assmann, B. T., 1935. ANONIMO DE RAVENA, J. Schnetz, B. T. 1940. APIANO, Mendelssohn. AVIENO, Rufo Festo. A. Schulten e A. Klotz, F. H. A. t. 1, Barcelona, 1955. CLAUDIANO; Claudio, R. Grosse, F. H. A. t. VIII, Barcelona, 1959. CASSIO, Dion, Boissevain, Berlín, 1895-1931. CESAR, Caio lulio (De bello civile) S. Mariner, Alma Mater, 1959 (De bello Hispaniensj) A. Klotz, B. T. 1927. DIODORO DE SICIUA, Vogel-Fischer, B. T. 1888-1906. EUTROPIO, Ruehl, B. T. 1919. FESTO, Rufio, C. Wagner, 1886. FLORO, Lucio Anneo, O. Rossbach, B. T. 1836. GRATTIO, Vollmer, B. T. 1911. HERODOTO, Jacoby, R. E. Suppl. 11, Berlín, 1923. HONORATO, Servio, Thilo-Hagen, B. T. 1902-27. ITALlCO, Silio, Lud. Bauer, B. T. 1890-2. ITINERARIO DE ANTONINO, O. Cuntz, B. T. 1929. IUSTINO, M. luniano, Seel, B. T. 1935. LATERCULO DE VERONA, O. Seeck, Berlín, 1876. UVIO, Tito, Rossbach. MARCIAL, M. Valerio, H. J. Izaac, Belles Lettres, Colee. Budé, París, 1969. MAXIMO, Valerio, Kempf. MELA, Pomponio, Gunnar Ranstrand, Gothoburgo, 1971. OROSIO, Paulo, C. Zangemeister, B. T. 1889. OVIDIO NASON, Publio, G. B. Pighi, Turín, 1973. OXYRHYNCHOS, Papiro de, Rossbach (edic. 8,203, corpus 1, 6, X, 1947). PATERCULO, Veleio, Halm. PUNIO, Caio, C. Mayhoff, B. T. 1967. PLUTARCO, Lindskog-Ziegler, B. T. 1914-39. PTOLOMEO, Claudio, K. Müller, Colección Firmin Didot, París, 1883. SALUSTIO CRISPO, Caio, Maurenbrecher, B. T. 1967. SILVIO, Polemio, O. Seeck, Berlín, 1876. STRABON, A. Schulten, F. H. A. t. VI, Barcelona, 1952. TABOA DE ASTORGA, Roldán Hervás, Madrid, 1975. TABOA DE PEUTINGER, K. Müller, Stuttgart, 1916. ZONARAS, Xoán, L. Dindorf, B. T. 1868-74.

16

HEROOOTO (484-425

a.

X. aprox.)

Natural de Halicarnaso, vivirá un tempo en Samos; non sabemos case nada dos seus derradeiros anos e a morte se produciría nos anos da Guerra do Peloponeso. A súa obra, pola extensión, é difícil de valorar. Cicerón chamaralle «o pai da Historia» e esta afirmación chegará ata nós. Para obte-Ia propia información, viaxará por Exipto, Fenicia, Mesopotamia ... Filio do espíritu xonio, quererá buscar explicacións ós feitos ( "'"

~L

anapya~oOaL~,

~noA.

~Et~pOV.

41

STRABON, 111,4,17 Xunto a estes extranos costumes, víronse e narráronse moitos outros encol de tódolos pobos ibéricos en xeral, pero, sobre todo, dos septentríonais, non só sobre a súa valentía senón tamén sobre a súa fera dureza. Así, unhas nais, mataron ós seus fillos antes de que caeran prísioneiros, nas guerras cántabras, e un neno, por orde de seu pai, matou a éste e ós seus irmáns que estaban prisioneiros cun ferro que collera e unha muller matou ós demais prísioneiros; e un (deles) chamado onde uns (soldados) borrachos lanzouse a unha fogueira. Estas características son comúns ós pobos Célticos, Tracios e Escíticos; son comúns tamén a valentía tanto dos homes coma das mulleres. Estas traballan o campo e ó pariren déixanlle o sitio ós homes poñéndose eles na cama en vez delas. Moitas veces paren nas labouras e lavan e faixan ó pequeno inclinándose sobre un regato.

Tanto os datos sobre a valentía como sobre a resistencia a caer prisioneiros preferindo antes a morte non son novas; sen embargo, aparece un dato completamentario ó valor das mulleres: o coñecido como a «cavada» que pon de manifesto unha admirable resitencia física das mulleres do N. Esta práctica está tamén atestiguada po/as fontes literarias noutros pobos como en certas zonas de Córcega ou do Mar Negro.

STRABON, 111,4,20 ~ AOLnñ, aB~~ b' la~lv ~ nA~Ca~~ ~~~ 'I~~pCa~, ~no ~W ~na~Lxw ~y~~6VL, a~pa~L~v ~~ ~XOV~L ~~L6AO-

yov

• ~pLWV ~ou • ~ay~~~wv

xaL"

\.. npEa~~u~u~

~p~t~-

't' wv 6

~Ev, búo ~xwv ~áy~a~a, napa~poup~t ~~v nÉpav ~oo ~oupCou nttaav l~l ~a.~ ~px~ou~, ~v ol ~Ev np6~~pov AuaL~avou~ fA~YOV, ol óE vOv KaAAaCxou~ xaAoOaLauv~n~~L bE ~OÚ~OL~ ~a. npoa~px~La 5p~ ~~~a ~wv 'Aa~úpwv xal ~wv Kav~~~pwv. ~~t óE bLa ~wv 'Aa~úpwv MÉAao~ no~a~6~, xal ~LXpOV ~nw~Épw n6AL~ NoCya, xal nA~aCov lx ~oU ~x~avoO ~v~xuaL~, 6pC~ouaa ~ou~ ~a­ ~upa~ ~no ~wv Kav~~~pwv_

STRABON, 111,4,20 Todo o que está fora dela (da Lusitania), que é a meirande parte de Ibería, está baixo o mando do procónsul que dispón dun exército considerable de tres lexións e tres legados; un deles, ó mando de dúas lexións, administra todo o país do Douro cara o N.; que os antigos chamaban

42

(ós seus habitantes) Lusitanos e agora chámanlle Callaicos. Con estes inclúese a rexión septentrional cos Astures e cos Cántabros. Entre os Astures corre o río Melsas e un pouco máis lonxe está a cidade de Noiga e moi preto un entrante no Océano que separa os Astures dos Cántabros.

E sabido que as demarcacións administrativas da Península variaron ó longo da conquista e da romanización. Strabon sinala aquí que Gallaecia, no tempo que el escribe, inclúe ós Gallaicos, Astures e Cántabros, pero non sempre tivo esa extensión a provincia do N-W. Inicialmente, a Península fora organizada en dúas provincias, a Ulterior e a Citerior. No ano 297 a. X. Augusto modifica esta estructura dividindo a Ulterior en Bética e Lusitania na que estaba incluida a actual Galicia. Entre os anos 15 a 1 a. X. parte da Citerior con Galicia e Asturias pasan a constitui-Ia nova provincia Tarraconense; para rexir esta provincia, Tiberio reparte a autoridade entre tres legados; un deles encargarase de Galicia e ata o río Sella, aproximadamente. Con Caracalla créase unha nova provincia, a Nova Citerior Antoniana que incluía a Galicia, Asturias, Cantabria e o Convento de Clunia. Esta división permañecerá vixente ata Diocleciano segundo algúns autores (Hübner, Braun, Marchetti) mentras que para outros duraría poucos anos, ata 0222 (Mispoulet, Sánchez Albornoz). Seguramente a provincia de Gallaecia debeu crearse sobre o ano 289 d. X. cando se fixo unha reorganización de todo o Imperio e así aparece atestiguada no Latérculo de Verona do 297. A partir de entón tódalas provincias quedaron baixo a autoridade da «Prefectura das Galias» e integradas nunha unidade superior da «Diócese de Hispania». Segundo C. Torres (Límites geográficos, p. 378) non hai a menor dúbida sobre a constitución da provincia de Gallaecia por Diocleciano; a dificultade está en sinalalos límites. Seguramente chegaba ó río Sella polo L. e ó río Douro polo S., aínda que é, probable que fora un pouco máis extensa acollendo a parte dos Cántabros e do Convento Cluniacense. De tódolos xeitos, a Gallaecia comprenderá, fundamentalmente, os Conventos Bracarense, Asturicense e Lucense. A titulación do Procónsul estaba referida, en tempo de Strabon, a unha provincia senatorial. Dispón dun exército de tres lexións (uns 5.000 homes cada unha) e tres legados. Un legado con dúas lexións administra a Gallaecia; as lexións eran a VI Victrix e a X Gemina. O segundo legado actuaría en Cantabria e o terceiro legado no interior restante da Citerior. Para García Bellido (España y los españoles, p. 167) o río Melsos podería se-lo río Caneiro, ó L. de Luarca e Noiga (Noega en Mela) sería Avilés, aínda que as dúas deduccións seguen sendo hipotéticas. Habería outra Noega entre os Gallaicos que podería se-la actual Noia. A ría que separa ÓS Astures dos Cántabros debe ser Ribadesella. Para Schulten (F. H. A. t. VI, p. 267) o río Melsos debe se-lo Nalón e Noiga estaría situada a carón do Cabo de Peñas.

43

STRABON, 111,5,11

Al óE Ka~~~~EpCÓE~ ótxa ~tv Eta~, xEtv~a~ ó'lyyu~ ~AA~AWV, npo~ ~px~ov ~no ~oO ~wv 'Ap~á~pwv A~­ ~tvo~ nEAáy~a~· ~Ca 6' a~~wv ~PD~6~ la~~, ~a~ Ó'~A­ Aa~ otxoOa~v ~v~pwno~ ~EAáYXAa~vo~, noo~pE~~ lVÓEÓUX6~E~ ~ou~ x~~wva~, l'wa~tvo~ nEpt ~a a~tpva, ~E­ ~a ~á~ówv nEp~na~oOv~E~, B~o~o~ ~at~ ~pay~xat~ no~­ vat~· ,rna~ ó' ~no ~oaxD~á~wv vo~aó~xrn~ ~o nAEov. ~t~aAAa óE ~XOV~E~ xa~~~~tpou xat ~OAV~ÓOU xtpa~ov ~v~t ~oú~wv xat ~rnv óEp~á~wv ó~aAAá~~ov~a~ xat &Aa~ xat xaAxw~a~a npo~ ~ou~ l~n6pou~. np6~EpoV ~Ev o3v ~OCV~XE~ ~6vo~ ~~v l~nopCav ~a~EAAov ~aú~Dv lx ~rnv xpún~ov~E~ &naa~ ~ov nAoOv· ~rnv ~aCwv lnaxoAou~OÚV~wv vauxAñpw ~~vC, Bnw~

raóECpwv,

óE 'Pwxat aó~ot yvOtEV ~a l~n6p~a, ~~6v~ 6 va~xA~po~ txwv Et~ ~tva­ yo~ l~ÉSaAE ~~v vaOv lnayaywv Ó'Et~ ~ov a~~ov BAE~pov xat ~ou~ tno~Évou~, a~~o~ la~~ ó~a vauayCou xat ~nÉAa~E ó~~oaC~ ~~v ~~~ñv ~v ~nÉAa~E ~oP~Cwv. ol 'Pw~ato~ óE B~w~ nE~pw~EVO~ nOAAáx~~ l~É~a~ov ~ov nAoOv· tnE~óñ óE xat n6nA~o~ Kpáaao~, ó~a~a~ tn'a~~oú~, ~yvw ~a ~É~aAAa tx ~~xpoO ~á~ou~ 6pu~~6­ ~Eva xat ~ou~ ~vópa~ Etp~vaCou~, lx nEp~ouaCa~ ~ó~ ~ñv ~áAa~~av lpyá'Ea~a~ ~aú~~v ~ot~ l~tAoua~v lnÉÓE~~E, xaCnEp oDaav nAECw ~~~ óLELpyoúaD~ ~t~] ~~v BpE~~avLx~v. xat nEpt ~EV 'IS~pCa~ xat ~wv npOXE~­ ~Évwv v~awv ~aO~a.

STRABON, 111,5,11

As Kassiterides son dez e están situadas moi próximas unhas doutras cara o N. do porto dos Artabros, en alta mar. Unha delas está despoboada, as demáis habítanas homes vestidos de mantos negros, que levan túnicas ata os pes cinguidas arredor do peito e que camiñan con bastóns e semél/anse ás Furias da Traxedia. Viven preferentemente do gando, levando unha vida nómada. Ademais teñen minas de estaño e chumbo e peles que trocan cos comerciantes por cerámica, sal e obxectos de bronce. Antes, unicamente os Fenicios realizaban este comercio dende Gades agachando a todos a ruta marítima, e cando os romanos perseguiron a certo navegante para coñeceren aqueles emporios, este, voluntariamente encalou o seu barco nuns baixos e arrastrou á mesma desgracia ós que o seguían, mentras el salvávase do naufraxio e recibiu do seu goberno o precio da carga perdida. Mais, os romanos, intentándoo moitas veces, chegaron a coñece-Ia ruta. E cando Publio Crasso, chegando ata eles, coñeceu que os metais podíanse cavar a pouca profundidade e que a xente era pacífica, ensinou con claridade ós interesados a navegación, aínda que era máis longa que a navegación ata Bretaña. Isto é o que hai de Iberia e das il/as próximas.

44

Coa referencia ás iHas Kassiterides remata Strabon o libro 111 da Xeogr5lfía que adicara ó estudio da Península Ibérica. Non é a primeira vez que as Kassiterides aparecen no texto straboniano (ver 111,2,9 e 11,5,15) e tamén aparecen en Plinio e Ptolomeo. Pero neste capítulo adicado ás iHas da Península Strabon recoHe máis datos que os referidos unicamente á localización. As Kassiterides terían unha economía baseada na gandeiría nómada e na minería do estaño, que Hes da o nome, e de chumbo; practican o troco de mercancías destes metais e peles por cerámica, sal e obxectos de bronce; este comercio realizábano os fenicios e púnicos que celosamente agachaban o segredo a outros comerciantes. A apertura destas rutas comerciais ós romanos foi obra de Publio Crasso, procónsul da Hispania Citerior no 96-94 que percorreu as costas do litoral atlántico español. Máis tarde, coa conquista das Galias e Bretaña, os romanos deixaron aberta esta ruta atlántica do estaño. Para poder manter secreta esta ruta, os comerciantes fenicios e púnicos e mesmo tartéssicos divulgaron a idea de que a gran mar océana estaba chea de perigos mortais para os que se adentraran nela; os baixos, as brétemas, os monstruos mariños, as augas inmoveis, etc. están recollidos en moitas ocasións cando se fala do Océano, por exemplo, están amplamente especificados no Periplo de Avieno. Tamén aparece noutros autores antigos, aínda que referida a outros casos, a lenda do mariño que por non descubri-Ia ruta ós competidores prefire arrisca-la vida e o barco sendo logo recompensado polo seu goberno. Strabon volve a tratar da presencia do estaño a pouca profundidade; xa no 111,2,9 recollía a polémica de se estaba na superficie da terra ou había que cavar para extraelo, segundo mantiña Posidonio. As distancias que se comparan deben referirse ás que van de Gades ás Kassiterides e delas a Bretaña.

45

TITO LIVIO (64-79 a. X. - 17 d. X.) Natural de Padua, donde cedo adicouse por enteiro ás letras escribindo sobre retórica, filosofía e, sobre todo, historia. Entre Padua e Roma transcurrirá a súa vida, unha vida tranquila, sen viaxes, adicada ó traballo. A gran obra de Tito Livio, «Ab urbe condita», está escrita en 142 libros e narra a historia da cidade dende a súa formación ó ano 9 a. X. Vai dividida en décadas das que chegan a nós a primeira, a cuarta, parte da quinta e fragmentos soltos. Na mesma extensión está a explicación de que chegara tan mutilada, pola dificultade de multiplica-la copia de tantos manuscritos. Ademais, como dende moi cedo foi considerada como un manual de Historia de Roma, apareceron resumes por libros, as «periochae» que contiñan o máis importante. Tito Livio tivo moitos problemas de información para os primeiros momentos da historia romana, pero sacará habilmente partido de fontes de segunda man e de autores pouco coñecidos. Compón os seus relatos con rigor, diferencia períodos, ordea os detalles para acadar unidade e forza expresiva. Así, cun estilo de tipo oratorio, con períodos ben estudiados nos que tiñan cabida expresións antigas e patéticas, cunha arte ó servicio dunha rica imaxinación, logra unha narración de corte épico, case homérica. Concibe a historia como unha exaltación nacional e, ó mesmo tempo, sérvelle coma campo de reflexións morais. Dá á historia un contido de filosofía práctica e didáctica. Livio supón, nas letras latinas, unha culminación do Clasicismo e, a partir del, a Historia de Roma terá que contar sempre con el. A maxestuosa imaxe de Roma antiga alimentará o nacionalismo romano durante todo o Imperio. L1VIO, pero 55

lunius Brutus coso in Hispania is, qui sub Viriatho militaverant, agros et oppidum dedit, quod vocatum est Valen tia. L1VIO, pero 55

o Cónsul Décimo lunio Bruto dou ÓS que loitaron ás ordes de Viriato terras e unha cidade que se chamou Valen tia. L1VIO, pero 55

Decimus lunius Lusitaniam expugnationibus urbium usque Oceanum perdomuit et cum flumen Oblivionem transire nollent raptum signifero signum ipse transtulit et sic ut transgrederantur persuasit. L1VIO, pero 55

Décimo lunio Bruto someteu á Lusitania coa conquista das cidades ata o Océano e, non querendo (os seus soldados) pasaren o río do Esquecemento, el mesmo pasou o estandarte arrebatado ó signífero e así convenceu(nos) para que pasasen.

46

o nome de Décimo lunio Bruto vai moi unido a este episodio do paso do)errible río do Esquecemento co nome do que os soldados romanos tremaban e non querían pasar. A semellanza do nome do río co do auténtico río do esquecemento da súa mitoloxía, facíalles retroceder polo medo a non recordar nada do seu pasado. Unicamente, gracias á valentía do xeral Bruto cruzándoo, portando as insignias arrebatadas ó seu portador, o soldado signífero, demostroulles a falsedade do feito e así puido continua-la conquista. Sobre este río, Strabon, 111,3,4; 111,3,7; Silio Itálico, 1,235; Floro, 1,33,12; Plutarco, 34; Apiano, 73-74; Ovidio, Fastos, VI,461-2; Veleio Patérculo, 2, 5; Valerio Máximo, 6, 4, ext. 1; Lucio Ampelio, 37; 59; Eutropio, 4,19; Rufio Festo, brev. 5, 1; Orosio, V,5,12; Eusebio, 11, 128. Estes feitos narrados por Livio corresponden, aproximadamente, ó ano 138 a. X. A cidade fundada por Bruto co nome de Valentia non debe identificarse coa actual Valencia pola lonxanía do esceario da guerra e das operacións de Bruto. Ainda que sen total confirmación, podería-se tratar da actual Valen9a do Miño. L1VIO, per, 56 Decimus /unius Brutus in Hispania u/teriore fe/iciter adversus Ga//aecos pugnavit.

L1VIO, per, 56 Décimo Junio Bruto /oitou con fortuna na Hispama Ulterior contra os Ga//aecos.

Igual que nos fragmentos anteriores, este pertence ÓS anos da conquista de Bruto na Gallaecia entre os anos 138-136 a. X.

47

PAPIRO DE OXYRHYNCHOS (das periochae de Tito Livio) PAPo OXYRH, ano 137

M. Aemilio, C. Hostilio Mancino coso Decimus Brutus in Hispania re bene gesta Oblivionis flumen planus transiit. PAPo OXYRH, ano 137

Sendo cónsules M. Aemilio e C. Hostilio Mancino, Décimo lunio Bruto en Hispania, logo dunha victoriosa campaña, atravesou doadamente o río do Esquecemento.

Noutro papiro consta que Bruto estaba no ano 138 a. X. na Lusitania e xa ó ano seguinte na Gallaecia.

48

PUBLIO OVIDIO NASON (43 a. X. - 17/18 d.

~.)

Membro dunha rica familia de Sulmo adicouse á actividade xudicial para complace-lo seu pai, mais deixouna para adicarse por completo á poesía. Así, como poeta, deixou libros de temas amorosos (Amores, Heroidas, Arte de amar), míticos (Xigantomaquia), tráxicos (Medea), ou épicos (Metamorfose). Tamén en dísticos elexíacos deixounos unha especie de calendario da festa de Roma, os Fastos, a partir do ano 3 e que adicou, dende o exilio, ó emperador Xermánico. Por razóns que aínda non coñecemos ben, foi desterrado a Tomos, no PontO, no ano 8 d. X. Dende aH enviou a Roma 5 libros de Tristes e 4 de Pónticas, elexías en forma de cartas e súplicas cheas de desesperanzas por non poder voltar a Roma. Gran artista, un tanto recreado na súa propia capacidade e arte, presenta unha obra chea de sensibilidade, pureza intelectual e unha sinceira visión dos temas tratados.

FASTOS, VI,461-2 Tune sibi Cal/aico Brutus cognomen ab hoste fecit, et hispaniam sanguine tinxit humum

FASTOS, VI,461-2 Entón Bruto tomou o alcume do inimigo Cal/aico e tinxiu de sangue a terra hispana.

FASTOS CAPITaLINOS D. lunios M. F. M. N. brutus (qui postea) Cal(la)icus appe(I)atus esto Anno DCVII. Pro. Coso De Lusitanis et Gal/aiceis.

FASTOS CAPITaLINOS Décimo lunio, fil/o de Marco, neto de Marco, Bruto, que lago se chamou o Calaico. Celebrou o seu triunfo, como procónsul dos Lusitanos e Gal/aicos o ano 617 da fundación de Roma.

As victorias déronlle a fama e un novo nome no ano 136 a. X.

49

VELEIO PATERCULO (19 a. X. - 31 d. X.) V. Patérculo é un autor ó que lIe gustaría ter moito máis escrito do que fixo, pero a vida pública e a milicia absorvéronlle moito tempo que pensaba adicar á historia. O seu gran proxecto inicial quedou reducido a dous libros de historia universal de carácter desigual e un tanto desconcertante. Foi legado de Tiberio en Xermania e pretor; posuía un espíritu claro, práctico e presenta unha gran preocupación poia precisión cronolóxica. Gústalle trata-los grandes problemas en visións de conxunto e presenta a historia como un relato de vida total dos pobos mantendo a atención do lector.

VELEIO PATERCULO, 2, 5

ante tempus excisae Numantiae praeclara in Hispania militia D. Bruti fuit, qui penetratis omnibus Hispaniae gentibus ingenti vi hominum urbimque potitus numero, aditis quae vix audita erant, Gal/aeci nomen meruit. VELEIO PATERCULO, 2, 5

Antes da caída de Numancia, foi gloriosa a campaña de Décimo Bruto en Hispania, que penetrou en tódolos pobos de Hispania, someteu a unha multitude de homes e a gran número de cidades, das que antes non se oiran nomear, merecendo o alcume de Gal/aico.

En moitas ocasións as victorias daban nome ó seu protagonista vencedor. Este é o caso de Décimo lunio Bruto, que gracias ás súas victorias sobre os Gallaicos, recibe o alcume derivado do pobo vencido. Bruto participou nas guerras contra a Lusitania e Gallaecia e zonas da Meseta. As campañas que lIe deron máis renome, as de Gallaecia, entre o 138 e o 136 a. X. comenzaron polo famoso paso do río Lethes; naquel episodio xa adquiriu fama de arriscado e valeroso estratega que acrecentará en posteriores ocasións. Así, a que narra Orosio (V,5, 12) as cifras falan por sí mismas do tamaño da operación que Bruto era capaz de levar a cabo.

50

GRATTIO E un poeta do que se descoñece practica mente todo sobre a súa vida. Parece que era orixinario de Etruria, da comarca dos Faliscos. Viviría nos anos do cambio da Era e sábese que escribiu un poema sobre a caza, «Cynegetica». Nesta obra aparecen referencias sobre Hispania en relación cos temas da caza (redes de caza, coitelos, lanzas, especies) e, ó falar dos animais, fai referencia ós famosos cabalos galegos.

GRATIO, V,513 ... at tibi contra Callaecis I/ustratur equis scruposa Py < rene> non tamen Hispano martem temptare m < inacem > ausim < in > mur < i> cibus vix ora tenacia ferr is> concedunt.

GRATTIO, V,513 ... pero a tí, pedregosa Py(rene), a pesar de ser famosa polos cabalos Cal/aicos, sen embargo, non me atrevería a intenta-la guerra co (cabalo). hispano, xa que as súas tenaces bocas case non aceptan os freos de ferro.

Estes cabalos dos que fala Grattio seguramente semellábanse ós Astrucóns de Asturias dos que tamén hai noticias en varios autores clásicos. Silio Itálico (XVI, 333-5) tamén fala destes cabalos galegos loubando a súa velocidade. Sinala Grattio a contra de non se poder domeñar para a guerra como un símbolo de braveza. A referencia de Pirene (Pirineos) é por extensión, xa que en varios autores latinos aparecen estes montes prolongados ata o N-W da Península.

51

APIANO Non coñecemo-Ia data do seu nacemento, pero debeu ser polos anos finais do S. 1. d. X. en Alexandría. Durante varios anos vivirá en Roma exercendo de avogado nos anos do reinado de Adriano. Ocupou varios cargos públicos e seguramente foi procurador en Exipto. Cando encetou a súaobra «Historia de Roma», xa debía ser de idade avanzada e rematouna no ano 160 d. X. E unha obra sen pretensións, mais conta co mérito de estar ben organizada e ben pensada. Dela posuimos completos os libros 6-8, a segunda parte do 9 e os números 11 o 17; tamén a introducción do 4 e varios fragmentos aillados.

APIANO, Iber.70

6 éE Ka~nCwv t~ o~t~~wva~ ~panEt~ ~a

tXECvwV

xat

Ka~~áCxou~

té~ou.

APIANO, Iber, 70

Cepión va/véndase contra os Vettóns e os Cal/aicos, arrasou os seus campos.

Este fragmento corresponde ó final dun párrafo adicado a conta-Io remate das guerras contra Viriato e ás campañas de Cepión. Como un episodio destas guerras sinala o castigo ós Gallaicos e ós Vettóns, máis ben vinganza, ó non poder derrotar a Viriato nin sabe-lo perseguir. Estes episodios corresponden ó ano 139 a. X., ano seguinte ó que se firmara a paz cos Lusitanos polo irmán de Cepión pero que fora rota por este aducindo que era ignominiosa para o pobo romano. Por iso, tendo en conta a data dos sucesos, é a primeira vez que aparecen citados os Gallaicos. Son simplemente un nome sen máis referencias, pero en anos posteriores aparecerán os seus límites e características.

APIANO, Iber. 73-74

(73) 6 ~EV é~ O~p~á~Bou n6AE~o~ t~ ~oO~o t~E~Eú~a,

xat ~DAW ~rnv ~pywv O~p~á~Bou ~~v Aua~~a­ vCav A~a~DP~a nOA~a ~AAa tn~~pÉxov~a tn6pBE~. EÉ~­ ~O~ éE 'Ioúv~o~ BpoO~o~ tnt ~aO~a nE~~BEt~ ~nÉyvw ~EV a6~a é~~KE~V éLa x~pa~ ~aKptt~, Ba~~v 6 T6yo~ ~E xat ADBn~ Kat ~6PLO~ xat Ba'~~~ no~a~ot vauaCnopoL nEpLÉxouaLv, 6~Éw~, ota 6~ A~a~DP~a, ~EB~n­ ~a~Évou~ éuaEPY€~ ~YOÚ~EVO~ Erva~ Ka~aAa~Etv, Kat ataxpov 06 Ka~aAa~6v~L, Kat vLxDaav~L ~o ~PYov 06 Aa~np6v· t~ éE ~a~ n6AEL~ a6~rnv t~pánE~o, éCK~V ~E 52

A~~Ea~a~ npoaóox~v,

xal ~~ a~pa~~tt nOAU x{pOO~ nEp~taEa~a~, xal ~ou~ A~a~a¿ l~ lxá~~nv w~ na~pCoa X~VÓUVE~ouaav ó~aAu~~aEa~a~. B ~~v ó~ ~aO~' lv~u­ ~O~~EVO~ ló~ou ~a lv noalv &nav~a, au~~axo~{vwv ~or~ ~vópáa~ ~~v yuva~x~v xal auvava~pou~{vwv, xal o~ ~~va ~wv~v o~ó' lv ~ar~ a~ayar~ ~~~E~a~v. Etal ó' o~ xal t~ ~a Bpn ~E~' wv ló~vav~o ~vEn~ówv· xal a~~or~ ÓEO~{VO~~ auvEyCyvwaxEv 6 BpoO~o~, xal ~a Bv~a l~EpC~E~O (74) xal ~ov ~6p~ov nEpáaa~ nOAAu ~~v nOA{~w xa~tópa~E, nOAAa o~ napa ~~v a~~ou~ lvo~o6v~wv B~npa at~~aa~ lnl A~~nv ~E~~E~, np~~o~ BOE 'pw~aCwv ln~vo~v ~ov no~a~ov ~6VOE o~a~~va~. nEpáaa~ o~ xal ~6VÓE, xal ~{xp~ NC~~o~ t~Épou no~a~oO npoEA~wV, Bpaxápwv a~~~ ~EpO~{Vnv ~yopav ~p­ naaáv~wv la~pá~EuEV lnl ~ou~ Bpax6pou~, B~ Eta~v ~~vo~ ••• xal &~a ~ar~ yuva~~lv w~A~a~{va~~ xal otOE l~áxov~o, xal npo~ú~w~ ~~vnaxov, o~x ln~a~pE~6­ ~EVO~ a~~~v O~OEC~, o~6~ ~a v~~a 6E~XV~~, o~o~ ~w­ v~v ~~Ltv~&~. BaaL o~ xa~~yov~o ~~v yuvaLx~v, at ~~v a~~a~ 6~EXP~V~O, a~ o~ xal ~~v ~{xV'wv a~~6XEL­ pE~ lyCyvov~o, xaCpouaa~ ~~ ~avá~w ~aAAOV ~~~ atx-

~aAwaCa~.

.

.

Etal o~ ~~VE~ ~6v n6AE~v, a~ ~6~E ~~v

~~ Bpo~~w npoaE~C~Ev~O, o~ nOAu o' ~a~Epov ~~Ca~av')' ~o. xal a~~a~ 6 BpoO~o~ xa~Ea~p{~E~O au~~~.

APIANO, Iber. 73-74

(73) Este foi o final da guerra de Viriato. O exemplo de Viriato servía para que outras moitas bandas percorreran e devastaran a Lusitania. Sexto lunio Bruto foi enviado contra elas, mais desistiu de perseguilas naquela vasta rexión comprendida entre os ríos Teixo, Lethes, Douro e Baetis, todos eles navegables; xulgaba, en efecto, moi difícil col/er a unhas tropas que se movían coa velocidade propia dos bandidos; se non as collía, era deshonroso e se as vencía, non era con moita gloria. En lugar desto, marchou contra as mesmas cidades deles, pensando castigalos e ó mesmo tempo enriquecer ós seus soldados e que os bandidos se dispersaran voltando cada un á súa patria ó sabela amenazada. Así comenzou a saquear todo o que atopaba ó seu paso; para impedir/lo, as mul/eres loitaban ó lado dos homes manexando as armas con eles e sen dar un berro nas batal/as. Uns fuxiron ás montañas levando o que puideron e a outros Bruto perdooul/es cando l/e suplicaron clemencia, aínda que quitándol/e boa parte dos seus bens. (74) E atravesando o Douro, percorreu, combatindo, moitas terras, esixindo moitos rehéns dos que se l/e sometían; así chegou ata o río Lethes e foi o primeiro dos romanos que se propuxo atravesalo. Dende aquí chegou ata outro río, o Minio, e foi contra os Brácaros porque estes l/e roubaran as súas pro visións. Este é un pobo... e tamén loitan con eles as mul/eres armadas e morren con valentía sen que ninguén retroceda nin volva a espalda nin se queixe. Das mul/eres que eran apresadas, unhas matábanse a sí mes-

53

mas e outras degolaban ós seus fillos coas súas propias mans pretirindo a morte á escravitude. Sen embargo, houbo cidades que se entregaron, anque pouco dempois se rebelaron e de novo toron sometidas por Bruto.

Bruto era Cónsul no ano 138 a. X. e foi enviado a dominar ós Lusitanos, extendendo a súa actividade de dous anos (138-136) tamén a boa parte de Gallaecia. Tivo en conta as experiencias anteriores dos seus compañeiros da dificultade de pelexar contra guerrillas e cambiou de táctica: non perseguilos polos montes onde tiñan superioridade extratéxica, senón ataca-las súas cidades. Pero, aínda así, non contaba coa axuda que ísn presta-las mulleres galaicas, que sempre serán vistas polos escritores antigos con estes rasgos de valor, enerxía e capacidade de traballo (Silio Itálico, 111,350; lustino, XLlV,3,7; Strabon, 111,4,17). No seu camiño ó W., Bruto atravesa o temible río Lethes, o río do Esquecemento, no ano 137 a. X. Este río, o actual Limia, recordaba ós soldados o río de esquecemento da mitoloxía e negábanse a atravesalo. E un dato moi repetido en autores antigos. O río Minio ten que se-lo Miño e tamén é o mesmo que o Baitis que Strabon (111,3,4) chamaba Bainis. Apiano, para estas relacións dos temas das guerras celtibéricas e lusitanas parece que se inspira fundamentalmente en Polibio.

54

POMPONIO MELA (S.!. d. X.) Mela foi un escritor de orixe hispánica, da zona de Cádiz, probablemente emparentado cos Séneca e que traballará na época dos emperadores Calígula e Claudio. Deixounos unha obra moi intersante para o coñecemento descriptivo da Península Ibérica: «Chorographia», en tres libros nos que, partindo de Mauritania e regresando ó mesmo lugar, fai un circuito que pasa por Africa, Asia e Europa. A parte que corresponde á descripción de Iberia é breve pero substanciosa. As aportacións totalmente novas ou de carácter científico son escasas, pero ten o mérito de se-la primeira descripción do mundo antigo escrita en latín. A obra ten unha evidente dimensión divulgativa; para facilita-la mixtura de anécdotas, describe países e pobos brevemente pero cun tono retórico e vivo, anota as particularidades diversificantes locais e étnicas dentro dun ambiente de certo pintoresquismo e de reflexión moral. Os nomes dos pobos ou dos accidentes xeográficos son abundantísimos. Des-o tas enumeracións cumpre sinala-Ia importancia dos datos referidos ó N-W. Mela, xunto coas súas experiencias personais, aproveita datos doutros autores como Comelio Nepote, Salustio, Varrón, etc. O mesmo tempo, a súa Chorographia servirá de base e fonte de información para autores posteriores. A Chorographia de Mela chega a nós por medio do manuscrito n. o 4.929 do Vaticano que, á súa vez, é unha copia do S. X. MELA, 111,9,10,11

9 - frons ¡'lla aliquamdiu rectam ripam habet, dein modico flexu accepto mox paululum eminet, tum reducta iterum iterumque recto margine 10 - iacens ad promunturium quod Celticum vocamus extenditur. totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognoment est Limia. fle11 - xus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam, partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et 5ars flumina non longe ofta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, 5ars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent.

MELA, 11/,9,10,11 (9) logo (a costa) exténdese cun pequeno entrante, axiña sobresae un pouco, presentándose entón de novo, en liña recta ata o promontorio que chamamos Céltico. (10) Habítana toda os Célticos, pero dende o Douro ó entrante están os Grovios e corre a través deles o Avo, o Celado, o Nebio, o Minio e o Limia que ten o alcume do esquecemento. O mesmo entrante abranguendo a cidade de Lambrica recibe ós ríos Laero e Ulla. (11) Os Praesamarchos habitan a parte que sobresae e a través deles corren os ríos Tamaris e o 5ars nacidos non lonxe; o Tamaris (desemboca) xunto ó porto de Ebora e o 5ars onde a torre que lembra o no-

55

me de Augusto. Por outra parte, os super Tamaricos e os Nerios son os que viven máis alonxados naquela zona. Ata aquí, pois, pertencen as costas que miran cara Occidente.

A descripción das costas galegas que ofrece Mela supón un avance no seu coñecemento polo número de datos e os intentos de exactitude na localización; toda esta información sería proporcionada dende as campañas de Bruto e, sobre todo, de Augusto. O promontorio céltico foi identificado como o Cabo Fisterra (García Bellido, La España del S. 1, p. 55; Cuevillas, Estudos, p. 26) e tamén aparece citado por Plinio (IV, 111). E probable que sexa o mesmo accidente xeográfico que noutros autores (Strabon, 111,1,3-5; Plinio, IV, 111; Ptolomeo, 11,6,2-3-21) é chamado promontorio Nerion, aínda que non están de acordo tódolos comentaristas en admitir esta identificación. Así, Monteagudo (Galicia en Ptolomeo, p. 631) identifica o Nerion de Ptolomeo co Cabo Touriñán e esta posibilidade se complica cando, por algún autor clásico, parece identificarse o promontorio Nerion co promontorio Artabro. Neste caso, de admitir que os Artabros habitaban a múltiple ría de Ferrol-Coruña, o promontorio non podería ser Fisterra senón, por exemplo, a punta de Nariga (Schulten, Hispania, p. 13 e tamén Hübner e Müller). Ou tamén outra posibilidade sería localiza-lo porto Artabro na ría de Corcubión (Schulten, Geografía y etnografía, p. 394; CueviIIas, Es'tudos, p. 41) máis próxima do cabo Fisterra. Se temos en conta a Strabon (111,3,5) Artabro-Céltico-Nerion está referido todo a unha mesma zona. O pobo que habita a rexión do promontorio Céltico son os Célticos, citados tamén por Plinio (111,28; IV, 111) e Strabon (111,3,5) que serían orixinarios da zona do Anas (Guadiana). Os Grovios habitarían o val do Limia e o curso inferior e baixo do Miño, nunha área ampla s.egundo Mela xa que ocuparían dende o río Douro á costa. Tamén aparecen citados en Plinio (IV, 112), Silio Itálico (1,235 e 111,366-7 como Gravios), Ptolomeo (11,6,44 como Gruios) e en numerosas inscripcións (CIL,II,120; JI,131; 11,2550; 11,774;' 11,5740; 11,416) sempre referidos a esta zona e tendo como centro importante a Tude (Tui), así que se extenderían por esa zona das Rías Baixas. Dáselle a este pobo unh,a orixe grega (ver lustino) e discútese a pervivencia deste nome no actual Grove(admitida por Schulten, Geografía y etnografía, p. 394; García Bellido, La España del S. l., p. 247) que, de ser certa, extendería aínda máis ata a ría de Arousa, o territorio dos Grovios. Os ríos que flúen polo territorio dos Grovios son o Ave (Avo), Cavado (Celadus), Neiva (Nebis), Miño (Minius) e Limia, unha vez máis recordado co alcume do esquecemento. A cidade de Lambrica é descoñecida, pero, tendo en conta que, segundo Mela, está no seo que acolle ós ríos Laeron (Lérez) e Ulla, estaría na zona da ría de Pontevedra ou de Arousa. Os Praesamarchos están claramente situados no val do Tamaris (Tambre) e do Sars(Sar), así que extenderíanse polo Barbanza entre as rías de Noia e Arousa, zonas que aínda na Idade Media conservaban topónimos como Pestomarcos e Pistomarcos (García Bellido, La España del S. l., nota 125). O porto de Ebora estaría na ría de Noia. Cita Mela unha torre xunto a desembocadurado Sar que lembraba o nome de Augusto; estaría pois moi preto do actual Padrón. Esta torre é moi probable que fose un monumento de victoria erixido ó re56

mate das guerras Cántabras; tamén é probable que fora semellante ó monumento en forma de torre coñecido como Trophaerum de Turbia preto de Mónaco (Schulten, Geografía y etnografía, p. 344) e que levara unha inscripción que fixera referencia á victoria sobre os pobos sometidos. Tamén debeu ter forma de torre cunha estatua no remate superior e unha lista de nomes das cidades tomadas na parte inferior, o monumento que conmemoraba as victorias en España de Pompeio sobre Sertorio e que foi erixido na zona do Col de Pertus, na parte máis elevada da vía que por alí pasaba e que serviría tamén como un límite da Hispania. C. Torres afirma que o nome das actuais Torres do Oeste en Catoira deriva desta «turris Augusti» de Mela (El culto al Emperador, p. 224); sen embargo, os datos arqueolóxicos obtidos dos traballos de excavación alí realizados pola Universidade de Santiago, non parece que apoien a hipótese de ubicación nelas da Torre Augustea. Os Supertamaricos, citados tamén por Plinio (IV, 111) estarían, como o seu nome indica, ó N. do Tambre. Os Nerios ocuparían a parte máis alonxada, a costa máis exterior, e, como xa se sinalaba, esta correspondería ó promontorio Céltico ou Nerion. MELA, 111,12-13

(12) deinde ad septentriones toto latere terra convertitur a Celtico promunturio ad Pyrenaeum usque, perpetua eius ora, nisi ubi modici (13) recessus ac parva promunturia sunt, ad Cantabros paene recta est. in ea primum Artabri sunt etiamnum Celticae gentis, deinde Astyres. in Artabris sinus ore angusto admissum mare non angusto ambitu excipiens Adrobricam urbem et quattuor amnium ostia incingit: duo etiam ínter accolentis ignobJlia sunt, per alia Ducanaris exit et Líbyca. in Astyrum litore Noega est oppidum, et tres arae quas Sestianas vocant in paene insula sedent et sunt Augusti nomine sacrae inlustrantque terras ante ignobiles. MELA, 111,12-13

(12) Logo a terra en toda a súa extensión está orientada cara ó N., dende o promontorio Céltico ata o Pirineo. Hai un continuo litoral case recto ata os Cántabros, agás algúns suaves entrantes e pequenos cabos. (13) Nel están primeiro os Artabros, aínda pobo celta, e logo os Astures. Nos Artabros (hai) un golfo de estreita embocadura, pero dun contorno amplo que acolle á cidade de Adrobrica e recibe as desembocaduras de catro ríos: dous sen importancia aínda entre os indíxenas e polas outras desemboca o Duncanario e o Libyca. Na costa dos Astures está a cidade de Noega e tres aras ás que chaman Sestianas están asentadas nunha península e están consagradas ó nome de Augusto e dan fama ás terras antes lñoradas. A descripción do litoral do N. da Península é correcto e as grandes unidades étnicas ben situadas. Describe o golfo dos Artabros, estreito na boca e amplo no seu interior no que está Adrobrica; esta cidade non é facilmente localizable, aínda que sempre se suxire unha zona próxima a Ferrol, ou mesmo a propia cidade de Ferrol

57

(Schulten, Geografía y etnografía, p. 395). Saralegui y Medina, nun intento de inicia-la historia de Ferrol, pretende localizar todos estes nomes que da mela no golfo dos Artabros; así, esta Adrobrica (ou Adobrica como el transcribe seguindo o texto da edición de M. Cortés y López) estaría, sen nengunha clase de dúbidas, no porto de Ferrol, afirmación que tería o respaldo de autoridades como Hübner, Malte-Brun, Dafour, Bouillet, etc. (Adobrica, p. 17). Critica a Cornide porque admite a posibilidade de que estivese na zona da Coruña, posibilidade que baralla Cornide partindo do texto de M. Cortés no que aparece o río «Mearius» identificado co Mero e de aí, pola proximidade a este río, Cornide leva a Adrobrica preto da Coruña. Tamén Plinio (IV, 112) cita a cidade de Adobrica, ó parecer nunha zona próxima á desembocadura do río Miño. Sen embargo, a gran semellanza do nome que presentan as dúas cidades fixo pensar a moitos críticos que se tratara da mesma e sería un erro do Plinio «ó transcribi-Ias listas alfabéticas dos nomes que IIe sirven de informes» (García Bellido, La España del S. l., p. 248). O golfo Artabro aparece en Strabon (11,5,15; 111,1,3; 111,2,9; 111,3,5), en Plinio (11,242; IV, 113) e referírese á múltiple entrada da Coruña, Betanzos, Pontedeume e Ferro/. Nel desembocan catro ríos; sobre o nome dos ríos hai variantes nas edicións do texto de Mela e problemas na auténtica restitución. O «Ducanarius» e o «Lybica» aparecen noutras edicións como «Mearius» e «Ivia» ou mesmo poden aparecer máis variantes. Así, por exemplo, o que recolle M. Cortés no que di: «per alia duos Mearius exit et Narius ad Libuncam». A identificación dos ríos apunta ó Mero na ría da Coruña e o Narahío. Parecería máis lóxico que Mela citara as correntes máis longas que desembocan na zona como o Eume e o Mandeo. Ptolomeo (11,6,22) tamén cita a cidade de Libunca e, partindo destes dous textos, historiadores locais trataron de localizala. Destaca entre eles Saralegui que, como xa fixera no caso de Adrobrica, adicaralle un traballo (Libunca) no que a identifica e sitúa no monte de Ancos en Neda; alí aínda existen restos visibles de vellas construccións e aparece citado como «civitatem antiquam» en documentos do mosteiro de S. Martiño de Xubia. Ocupáronse tamén dela Barros Sivelo, Murguía, Vicetto ou Carré Aldao que defenden unha identificación semellante. Outro grave problema de localización son as aras Sestianas que parece que levantaría L. Sestio en honor de Augusto. L. Sestio foi cónsul no ano 23 a. X. e seguramente foi legado de Augusto na guerra galaica ou un pouco máis tarde, sobre o ano 19 a. X. (Syme, The Spanish, p. 316). Mela sitúaas no litoral astur xunto á cidade de Noega que se localizaría nas proximidades de Avilés e, polo tanto, non lonxe do cabo de Peñas. Estes datos entran en contradicción cos de Plinio (IV, 111) que as sitúa na península dos Supertamaricos e cos de Ptolomeo (11,6,3) que as localiza nun cabo que está ó N. do cabo Nerion e antes de chegar a Brigantio; o cosmógrafo de Ravena cita unhas Aras de Augusto entre Turoqua e Aquae Celenae, moi ó S. Tamén están sinaladas na Táboa Peutingeriana. Como se ve, entre os diferentes autores hai evidentes contradiccións. O problema é complexo e a solución case imposible. Estas aras, que supoñen un culto ó emperador en Galicia, aparecen como Aras do Sol nalgunha copia do texto de Ptolomeo, o que complica o panorama. Pero imos intentar comentar algúns puntos destas referencias. Por exemplo, o tema da cidade de Noega que cita Mela; se facemos caso dos outros dous autores, Plinio e Strabon, Mela confundiría esta Noega Astur cunha Noega galega, pode que a ac-

58

tual Noia, e de aí a sinalización das aras Sestianas na costa astur. Plinio diferencia ben dúas Noegas, unha astur e outra galaica e Strabon sinala unha Noiga en Asturias. Un punto de referencia para a localización destas aras é o promontorio Céltico, tamén de problemática localización como xa se comentou. Se o promontorio Céltico é o cabo Touriñán, as aras poderían estar no cabo Fisterra; pero se aceptamos que o promontorio Céltico é o cabo de Fisterra, entón poderían estar nos montes Pindo ou Louro. Se o promontorio Nerion de Ptolomeo é o mesmo que o promontorio Céltico doutros autores, estarían entre Touriñán e A Coruña. Müller e Schulten (Hispania, p. 41) sitúanas entre Noia e Fisterra ou Corcubión. O P. Flórez presenta dúas localizacións: Fisterra e Cabo Vilano (España Sagrada, XV, p. 53 e 45). C. Torres (El culto al Emperador, p. 220) inclínase por situalas en Fisterra. Monteagudo (Galicia en Ptolomeo, p. 633) pensa que non se trata dun altar levantado en honor dun persoaxe senón que se trata das mesmas illas Sisargas (tendo en conta que a palabra «ara» en latín pode significar, ademais de altar, rocha ou escollo). J. M. González (Sestianas, p. 103-110) relaciona o nome das aras coa marca «Sestius» das ánforas dos séculos 111-11 a. X. e afirma que Sestius deriva do nome do mar divinizado ou o propio deus do mar como Neptuno ou Poseidón. Tódolos·autores antigos, agás Mela, e se non comete un erro, sitúan estas aras no litoral galaico. Para intentar compaxina-Ias diferentes localizacións, artellouse a solución dunha posible repetición das aras ou de que non estiveran xuntas senón espalladas neses cabos importantes no N-W. En Galicia non temos testimonio epigráfico desas aras.

59

PLINIO (23-79 d. X.) Caius Plinios Secundus, coñecido como «o vello» para diferencialo do seu sobriño, era natural de Coma e pertenecía a unha familia de categoría ecuestre. Foi oficial de cabalería en Xermania, procurador de Hispania no mandato do emperador Vespasiano e almirante da frota en Misena. O amor ó estudio e á experimentación persoal levárono á morte no ano 74 cando quixo coñece-Ia erupción do volcán Vesubio sobre o terreo; os gases asfixiárono e a súa morte describíuna ó detalle o seu sobriño, Plinio «o novo». Foi un incansable lector; en tódolos lugares e a tódalas horas atopaba tempo para ler e resumi-Ias lecturas; cos resumes delas encheu 160 volumes. Con esta impresionante formación, Plinio tratou nos seus escritos variadísimos temas; gran parte da producción está perdida (os 20 libros sobre as guerras de Xermania, a vida de Pompomio Segundo, traballos sobre gramática, etc.) pero conservamos os 37 libros da «Naturae historiarum libri» que estaban adicados a Tito, filio de Vespasiano. Esta Historia Natural é unha inmensa recopilación sen moito orde nen crítica e sen demasiado aporte científico persoal, pero interesante polo gran número de datos que recolle. O valor literario é moi desigual e da a impresión, nalgunha ocasión, de que Plinio se limita a transcribir fichas dos resumes das súas lecturas. En ocasións os feitos teñen un fío conductor, as súas propias reflexións -satíricas, pesimistas ou inxeniosas- pero outras veces a composición e o artellamento dos temas non é moi correcto. Sen embargo, ten o valor dun rico vocabulario cunha gran preocupación na percura da palabra exacta e da precisión. Os temas dos 37 libros repártense entre a descripción do universo (1-11), xeografía e etnografía (lII-V!), do home (VII), animais (VIII-XI), vexetais (XII-XIX), botánica (XX-XXXII) e minerais (XXXIII-XXXVII). De todos eles interesan, sobre todo, os adicados a Hispania, os 111 e IV, aínda que hai referencias tamén noutros. Plinio foi un dos autores máis lidos da baixa romanidade e na Idade Media cando aparecen comentaristas e mesmo expoliadores da súa obra. Por iso chegan a nós uns 200 manuscritos con fragmentos da Historia Natural e cos que, practica mente, é posible recompoñela enteira.

PUNIO, Nat. Hist. 11,242 Artemidorus adicit amplius a Gadibus circuitu Sacri promunturii ad promunturium Artabrum, quo longissime frons procurrat Hispaniae,

DCCCCXCI· D. PUNIO, Nat. Hist. 11,242 Artemidoro engade ademais que de Gades, polo circuito do promontorio Sacro ata o promontorio dos Artabros, por onde sobresae máis extensamente o frente de Hispania, (hall 991.500 pasos.

Plinio recolle datos de Artemidoro de Efeso, xeógrafo helenístico que proporcionou moitos datos a autores posteriores. Sobre o ano 100 viaxou a Hispania recollen-

60

do e deixando por escrito interesantes noticias. Froitos destas viaxes foron os traba1I0s recollidos en 16 volumes nos que recolle experiencias propias e fontes anteriores. Neste fragmento sinala Plinio a distancia dende Gades ó promontorio Artabro (ver comentario en Mela) bordeando o promontorio Sacro como de 991.500 pasos. O promontorio Sacro debe corresponder ó cabo S. Vicente. Para reducir estes pasos a medidas actuais hai que ter en conta que os mil pasos que constitúen a milla romana son aproximadamente 1.478,50 metros. A distancia que da Artemidoro é un pouco corta pero bastante aproximada.

PUNIO, Nat. Hist. 111,18 Citerioris Hispaniae sicut complurium provinciarum a/iquantum vetus forma mutata est, utpote cum Pompeius Magnus tropaeis suis, quae statuebat in Pyrenaeo, DCCCLXVloppida ab Alpibus ad fines Hispaniae ulterioris in dicionem ab se redacta testatus sit. nunc universa provincia dividitur in conventus VII, Carthaginiensem, Tarraconensem, Caesaraugustanum, Cluniensem, Asturu"!, Lucensem, Bracarum. accedunt insulae, quarum mentione seposita civitates provincia ipsa praeter contributas a/iis CCXCIII continet, oppida CLXXVIIII, in iis colonias XII, oppida civium Romanorum XIII, Latinorum veterum XVIII, foederatorum unum, stipendiaria CXXXv. PUNIO, Nat. Hist. 111,18 A forma antiga da Hispan/a Citerior así como a doutras moitas provincias, transformouse un pouco, xa que Pompeio Magno nos monumentos que erguiu no Pirineo atestigou que dende os Alpes ata os confíns da Hispania Ulterior sometera 866 cidades. Agora a provincia enteira atópase dividida en VII conventos: Cartaxinense, Tarraconense, Caesaraugustano, Cluniense, Astur, Lucense e Brácaro. Engádense as i/las, das que se fará mención aparte; a mesma provincia ten ademais de 293 cidades supeditadas a outras, 179 cidades e, entre estas, 12 colonias, 13 cidades de dereito romano, 18 do ve/lo (dereito) latino, 1 de federados e 135 estipendiarias.

O longo da formación do Imperio Romano as demarcacións administrativas, 10xicamente sufriron variacións. As provincias, nun principio zona de actuación dun maxistrado coa autoridade conferida polo «imperium» ou «potestas», serviron para desinar, dende o ano 227 a. X., ás rexións situadas fora de Italia e gobernadas por un maxistrado romano. Cada unha tiña o seu propio estatuto que case sempre era elaborado polo propio xeral que a conquistaba. Pasaban a ser propiedade do pobo romano como dereito de conquista. Durante a República, nas provincias nas que era preciso manter un exército eran entregadas a un «procónsul», mentras que as xa pacificadas, a un «propretor». Nos dous casos axudaban outros funcionarios como os «Quastores», escribáns, etc. que podían tamén actuar de legados.

61

Dende os tempos de Augusto as provincias eran de dúas clases: senatoriais, xa pacificadas, dependentes do Senado, que non tiñan exército de ocupación e estaban gobernadas por procónsules e maxistrados civís e as imperiais, dependentes directamente do emperador e cun exército de ocupación sendo gobernadas por legados imperiais con rango de cónsules (García Bellido, La España del S. l., p. 215). No momento a que se refire Plinio, a provincia Citerior Tarraconense estaba dividida en sete conventos, que eran distritos ou demarcacións de carácter xurídico nos que actúan os legados da Citerior e da Lusitania e o procónsul da Bética. Cada un destes conventos tiña unha cidade como capital na que residían os maxistrados e onde se administraba a xusticia. O nome da cidade daba nome a todo o convento; así, Cartaxena, Tarragona, Zaragoza, Clunia (a actual Coruña do Conde), Astorga, Lugo e Braga daban nome, respectivamente ós sete conventos que cita Plinio. Nos tempos de Plinio había tres provincias: Bética, Lusitania e Tarraconense divididas en catro, tres e sete conventos respectivamente. Máis adiante, o mesmo Plinio (IV, 118) volve a referirse a divisións administrativas. Non tódalas cidades do Imperio eran iguais; segundo a súa condición dispuñan ou non de privilexios. Había as que tiñan a condición de colonias que orixinariamente foran fundacións de colonos romanos; rexíanse polas leis romanas e case que sempre os seus habitantes tiñan dereito de cidadanía. Algunhas poboacións que non foron orixinariamente colonias recibiron ese título e os dereitos correspondentes. Outro grupo eran as cidades con dereito romano que tiñan leis de seu e tamén maxistrados propios e cidadanía. As que posuían o Dereito Latino tiñan soamente certos privilexios ou ventaxas pero non disfrutaban do Dereito Romano; tiñan unha condición semellante á dos latinos antes de que a «Iex lulia» do ano 90 a. X. lIes concedera o Dereito Romano e elas e ó resto das cidades de Italia; este dereito foilles concedido a tódalas cidades de Hispania por Vespasiano. As cidades libres disfrutaban de leis de seu, mais non tiñan nin o Dereito Romano nin o Latino; tiñan independencia na administración e recaudaban impostos, acuñaban moedas, podían acoller exiliados, tiñan xurisdicción sobre os seus habitantes e mesmo sobre os romanos que nelas residiran, mentras que o resto das cidades dependían do gobernador da provincia. Así pois, estas cidades libres teñen unha gran autonomía pero derivada non dun pacto con Roma senón porque ésta decidira concederlles ese título de «civitates sine foedere liberae». Outra categoría de cidades eran as Federadas, cidades cunhas libertades semellantes ás do grupo anterior pero que as tiñan garantizadas na base dun pacto ou tratado, «foedus». As Estipendiarias e Vectigalias pagaban unha renda en especie (vectigal) ou un tributo persoal e territorial (stipendium, tributum); o chan non era propio senón que o disfrutaban como unha posesión; conservaban o dereito de acuñar moeda e de gobernarse coas súas propias leis; Roma estipulaba a súa constitución e os seus dereitos. Os conventos que constituiron a Gallaecia, o Lucense, o Asturicense e o Bracarense, tiñan límites precisos na costa (N e W) e S. (Douro), pero na parte L. eran máis imprecisos. A Galicia actual non se corresponde con ningún deles senón que comprende todo o Lucense, a parte N. do Bracarense e o ángulo W. do Asturicense. O convento Lucense ocupaba todo o ángulo N-W pensinsular chegando polo S. ata o río Verdugo-Montes do Testeiro-confluencia Miño-Sil e, por este río ata Montefurado; dende aquí iniciaba o límite L. polo Caurel e Ancares ata chegar ó Navia e

62

o Cantábrico (F. Arias, Lucus Augusti, p. 57-62). Plinio (IV, 111) sinalará n~ 16 pobos e 166.000 homes libres. Descoñecemo-Ia distribución desta poboación e o número total de Plinio tampouco podemos constatalo como real. O elemento indíxena de carácter rural foi moi importante e decisivo na inexistencia de auténticas cidades, agás o caso de Lugo. Os castros máis ou menos romanizados perviviron como lugar de hábitat. Son poucos os datos de que se dispón para o coñecemento de aspectos políticos ou xurídicos do convento. O único corpo militar ben documentado é a Cohorte Lucense pero podemos supor a presencia de guarnicións en zonas especialmente interesantes para Roma como as zonas de minas ou de vías. A economía era de base agropecuaria cun importante complemento da mineiría e do comercio. A partir do S. 11 comenzan a acumularse moedas que se atoparán formando parte de numerosos tesouriños de denarios de prata, antoninianos, de moedas do S. IV, etc. e que mostran o estado de inquedanza da crise económica e social. E probable que a sociedade, na que o elemento indíxena era prioritario, fora romanizándose en proporción ó seu nivel económico e social. Tamén nos cultos e nas divinidades perviven con forza os elementos indíxenas. A capital do convento era Lucus Augusti, Lugo, nacida dun campamento militar, entre o ano 26 e 24 a. X. Seguramente durante as guerras cántabras asentouse nel a Cohorte 111 Lucense. Hai dúbidas sobre o seu trazado interior das rúas polas modificacións posteriores. Nos tres primeiros séculos da Era a cidade medrou en importancia administrativa, económica e militar. Entre o 265 e o 278 fortificouse cun recinto de 2.140 m. dentro do que quedaba o campamento inicial e zonas valeiras nas que se puidera refuxia-Ia poboación neses séculos de inseguridade. Estas murallas están reforzadas por torres moi próximas entre sí que, alomenos nalgún caso, levaban dous pisos altos e dos que só quedan algúns restos. Conserva Lugo, amais da muralla, interesantes restos desta época romana, aínda que moi alterados, como a calzada e ponte que eran a saída da vía XIX, parte das termas, varias construccións do suposto foro, restos de mosaicos, etc.

a

O convento Bracarense terá por capital a Brácara Augusta. Igual que Lucus Augusti e Astúrica Augusta, xurde dun campamento militar sobre o ano 27 a. X. e como base de operacións para a campaña de Gallaecia. (A. Balil, Brácara Augusta, p. 47-53). Coñecemos pouco do plano inicial da cidade; foi amurallada nun momento que non sabemos con exactitude e foi sé episcopal posteriormente, igual que as outras dúas capitais da Gallaecia. O convento Bracarense contaría tamén con outras cidades como Tui e Chaves (Tude e Aquae Flaviae) e varias unidades étnicas. E probable que a Lexión X Gemina estivera, polo menos nalgún momento, no convento ou ben dispuxo de destacamentos; do convento foron reclutadas tropas para o exército romano. A actividade económica máis sobresaínte era a mineiría; a cerámica de producción local tamén era importante. Temos poucos datos para o coñecemento das características e o comportamento social dos seus habitantes; entre eles habería que diferenciar varias categorías xurídicas e, se facemos caso a Plinio, a gran maioría era libre pero tendo que paga-lo estipendio, é dicir, que non tiñan a cidadanía romana. Dende cedo aparece en Braga un culto ó emperador, nos anos 3-2 a. X. e as divinidades romanas aparecen documentadas en varios casos; as referencias ó panteón indíxena son varias: cultos ás augas, fontes, ríos, deuses locais, etc.

63

..... , .

.' .'

I 1.,

,

"

LUSITANIA

FIGURA 2. - División administrativa do N-W no Baixo Imperio

CONVENTO ASTUR

OASTORGA

CONVENTO BRACARO Os R A G A

FIGURA 3. -Os Conventos da Gallaecia

64

o convento Asturicense acollía, no fundamental, ó pobo dos Astures e tiña por capital a Astúrica Augusta (ver Plinio, IV,128) Comprendía as principais zonas da mineiría do ouro no N-W; precisamente esta base económica vai influir decisivamente no carácter militar do convento con campamentos de vixiancia e control das explotacións. Tamén en relación coa economía de extracción do ouro podemos supor unha cantidade considerable de escravos, aínda que da súa existencia non temos apenas testemuñas (T. Mañanes, Asturica Augusta, p. 39-43). Como nos outros conventos da Gallaecia, o elemento indíxena nos aspectos sociais e relixiosos vai ter un importante papel. o monumento que levanta Pompeio no Pirineo, sen localización exacta coñecida, era un trofeo que conmemoraba a súa victoria sobre Sertorio no ano 72 a. X. Strabon (111,4,1; 111,4,9; IV, 1, 1) tamén se refire a el. Estaría levantado nunha vía romana que cruzaba o Pirineo e é probable que tivera forma de torre (ver Mela, 111,11) coa súa estatua na parte superior. PUNID, Nat. Hist. 111,28

lunguntur iis Asturum XXII populi divisi in Augustanos et Transmontanos, Asturica urbe magnifica. in iis sunt Gigurri, Paesici, Lancienses, Zoelae. numerus omnis multitudinis ad CCXL liberorum capitum. Lucensis conven tus populorum est sedecim, praeter Celticos et Lemavos ignobilium ac barbarae appel/ationis, sed Iiberorum capitum ferme CLXVI. Simil modo Bracarum XXIIII civitates CCLXXXV capitum, ex quibus praeter ipsos Bracaros Bibali, Coelerni, Cal/aeci, Equaesi, Limici, Querquerni citra fastidium nominentur. PUNID, Nat. Hist. 111,28

A estes (ós Cántabros) están unidos 22 pobos dos Astures, divididos en Augustanos e Transmontanos, con Astúrica, magnífica cidade. Frente a estes están os Gigurros, os Paesicos, os Lancienses e o Zoelas. O número de toda a poboación é de 240. ()()() homes libres. O convento Lucense ten ademais dos Célticos e Lemavos 16 pobos de nome descoñecido e bárbaro, pero ten case 166.0()() homes libres. Do mesmo modo (o convento) Brácaro ten 24 cidades e 285.000 homes dos que, ademais dos mesmos Brácaros poden nomearse sen fastidio os Bíbalos, os Coelernos, os Cal/aicos, os Equaesos, os Límicos e os Querquernos.

Os Cántabros habitaban a actual zona da provincia de Santander e parte das provincias viciñas, entre éstas, a parte L. de Asturias e N-L de León, aproximadamente. Os Astures Transmontanos habitaban entre a cordillera Cantábrica e o mar no territorio da actual Asturias e o resto ocupábano os Augustanos. Tiñan por capi-

65

tal a Astorga, Astúrica Augusta que é calificada de «magnífica». Astorga parece que xurde do campamento romano que sobre o ano 25 a. X. fora establecido como avanzada no N-W nas guerras cántabras. Esta orixe estaría documentada nas inscripcións referidas ós soldados da Legio X Gemina atopadas nas zonas próximas, no propio plano da actual cidade cun claro recordo do trazado campamental e pola cita de Floro (11,33,59: castra sua quia in plano erat, habitare et incolere iussit). Con Vespasiano pasará a se-la capital do convento Asturicense e a capital da riquísima zona de extracción do ouro. Nela residía o Legado do convento. Exercía función política e económica que serviu para convertila nun punto importante de cruce de vías. Coa crise do S. 111 a cidade se amuralla; será máis tarde sé episcopal e no ano 456 será destruida por Teodorico (T. Mañanes, Astúrica Augusta, p. 39-40). O feito de levar o nome de Augusta permite pensar que, igual que noutros casos, fora unha fundación de Augusto pero non sabemos se foi colonia ou municipio. Os pobos citados por Plinio son difíciles de localizar con precisión, xa que o dato é, simplemente, o nome. Así, os Gigurros, deberon habita-la zona da conca do Sil sobre a zona da actual Valdeorras, no baixo va; do río. Parece que terían unha cidade, Calubriga, como centro ou capital que non foi identificada. Na Rúa Petín atopouse unha lápida adicada a L. Pompeio Reburro, Cigurro, Calubrigense, é dicir, que era natural da cidade de Calubriga e do país dos Cigurros. Son citados por Ptolomeo (11,6,37) nos que sitúa o Foro dos Cigurros. O Itinerario de Antonino sinala a oitava mansión entre Braga e Astorga no Foro que seguramente é o mesmo de Ptolomeo; esta localidade podería corresponder á actual Rúa Petín (Monteagudo, Galicía en Ptolomeo, p. 613) ou a unha zona próxima á Cigarrosa onde se descubriron importantes restos de mosaicos. Os Paesicos, que volverán a ser citados por Plinio (IV, 111) e por Ptolomeo (11,6,5) pode que se asentasen na zona entre o río Navia e Avilés, chegando ata o cabo de Peñas. Se o topónimo Pesoz, na zona inferior occidental asturiana estivera relacionado directamente con este pobo, deberíamos pensar que chegaban ó alto curso do Navia (García Bellido, La España del S. l. p. 241). C. Torres, (La Galicía Romana, p. 114) sinala que o nome aínda se mantén en Pésico con que se desina o val de Cangas de Tineo. Os Lancienses estarían na zona de Lancia que actuaría de capital. Lancia, a uns 15 km. ó S-L de León, mostra ruinas no cerro de Villasabariego. Os loelas parece que habitaban as terras ó S. dos Gigurros, os vales do Tera e Aliste, chegando ata o Douro. Plinio volveraos a citar (XIX, 10) cando lembre a calidade do seu liño para a confección de redes. E un dos pobos máis citados nas inscripcións (CIL, 11,5,684,2.651,2.633) entre as que destaca a CIL, 11,2.635, lámina de bronce de 30 x 20 cm. grabada en Astorga, de letra moi clara e ben feita e que presenta catro furados para os cravos. Esta comunidade forma un pacto de hospitalidade no ano 152 que renova outro do ano 27 a. X. na cidade de Corunga entre os Desoncos e os Tridiavos, xentilidades as dúas dos loelas, ante o maxistrado Abieno, filo de Pentilo. Estes mesmos ampliarán máis tarde o pacto con outros individuos particulares. O «ardo loelarum» adicou unha lápida ó deus Aerno que foi atopada na igrexa do mosteiro de Castro de Avellas. Os datos que da Plinio sobre o número de individuos libres parece que están tomados do censo de Vespasiano ou de Agrippa, aínda que descoñecemo-la data exacta. O número de 240.000 homes libres debe referirse ó total de individuos e non 66

ó número de cabezas de familia como parecen dar a entende-Ios datos noutras ocasións, pois resultaría unha cifra esaxerada. Este convento Astur presenta unha gran diferencia con respecto ó convento Lucense (166.000) e semellante ó Brácaro (285.000). O convento Asturicense contará con máis pobos citados por Ptolomeo, polo Itinerario ou polas inscripcións, como os Amacos, Bedunienses, Brigecinos, Superacios, Lugóns, Tiburos, Orniacos e Selinos nos que tamén pode haber referencias ás cidades. Plinio, igual que fixera Strabon e Mela, diferencia os Célticos dos que non o son, o que parece dar a entender que entre as poboacións indíxenas viven grupos de xente que ven de fora e que aínda se diferencia sen mexturarse. Estas poboacións de orixe celta poderían ter chegado a Galicia fuxindo das conquistas romanas ou ter chegado moito antes. Dentro deles, o propio Plinio (IV, 111) diferencia grupos de Célticos Nerios e os Célticos Praesamarcos. Tamén poderíase tratar dun nome con certo carácter xenérico referido a pobos costeiros que habitaran dende a desembocadura do Douro ata os Artabros. Hai referencias deles en Mela (111,10), Strabon (111,1,3; 111,3,5) e Floro (1,33,12). Os Lemavos, citados taméh por Ptolomeo (11,6,25) coa cidade de Dactonio, aparecen citados na inscripción CIL, 11,2,103 e deberon habita-la zona de Monforte de Lemos. O Convento Lucense, nestes datos de Plinio, queda, en comparación cos outros dous da Gallaecia, como o menos documentado en canto ó nome de pobos e o que ten menos poboación. Sen embargo, por outras referencias, coñecemos máis dos 16 pobos que conta Plinio: Albións, Artabros, Bedios, Seurros, Caporos, Cibarcos, Cilenos, Egivarros, ladóns, Lapatiacos, Supertamaricios, Seburros. Os Brácaros tiñan por centro a Braga e pode que se extenderan ata a Serra do Xurés, se temos en conta a Ptolomeo cando sitúa nesa zona a súa cidade de Ca/aduno. Os Bíbalos deben ter relación co río Búbal e por iso son localizados na zona dos concellos transmontanos de Montealegre entre Cualedro, Baltar, Oimbra e as estribacións orientais da Serra de Larouco ou cara Viana do Bolo. Ptolomeo cítaos entre os Celernos e os Límicos e cita o Foro Bibalo. Aparecen tamén citados na lápida de Chaves (CIL, 11,2,477). Os Coelernos, segundo Cuevillas (La civilización, p. 63) extenderíanse pola Serra de Barroso e o val do río Cavado e C. Torres (La Galicia Romana, p. 117) pensa que poderían chegar ata o actual concello de Montealegre. Ptolomeo sinala ós Celerinos (11,6,41) coa poboación de Celiobriga que é posible que sexan os mesmos. No vran de 1971 atopouse en Castromao unha interesante «tessera hospitalis» dos Coelernos o que c1arexa, para algúns, a súa localización nos arredores de Celanova (Colmenero, Galicia meridional, p. 271). Os Callaicos aparecen aquí como unha unidade étnica máis que habitaría na zona N. do convento Bracarense, pero que, normalmente, aparecen denominando a toda unha unidade superior, á Gallaecia. E un pobo que demostrou un gran valor na batalla do Douro e que dou o alcume ó seu vencedor, Décimo lunio Bruto, e que, precisamente dende ese momento da conquista o seu nome servirá para se referir a toda unha ampla rexión e darán tamén nome á mesma provincia romana da que formaban parte. 67

Os Equaesos son moi difíciles de localizar; Cuevillas suxire que poideran habitalo val do río Salas ou a vertente occidental da serra de Larouco (La civilización, p. 63-64). Os Límicos, tamén citados por Ptolomeo (11,6,48) e presentes en moitas inscripcións (CIL, 11,434; 827; 2.049; 2.477; 2.516; 2.517; 3.034; 4.215; 4.963, etc.) tiñan por centro principal o «Foros limicon» (Ptol. 11,6,43) e se extendían pola zona arredor da Lagoa de Antela, a conca do Limia e pode que chegaran ata Maceda e Verín. A «civitas Limicorum» é posible que estivera nas proximidades de Xinzo de Limia (no Monte do Viso, concretamente, segundo M. Macías, Civitas Limicorum, p. 76). Os Ouerquernos, seguramente os mesmos que os Ouacernos de Ptolomeo (11,6,46) aparecen tamén citados na Lápida de Chaves (CIL, 11,2.477), no Ravenate (320,3) e no Itinerario de Antonino (428,2) que sitúa a mansión de Aquis Oúerquernis entre as de Aquis Originis e Geminas, todas elas na vía de Braga a Astorga. Por todos estes datos, os Ouerquernos habitarían o val medio do río Limia na actual zona do partido xudicial de Bande. Outros pobos do convento Brácaro que non cita aquí Plinio serían os Aebisocios, Anfiloquios, Luancos, Hellenos, Lubenos ou Leunos, Narbasos, Nemetanos, Salacios, Seurbos ou Seurros, Tamaganos, Turodos e Interamnicos.

PUNIO, Nat. Hist. IV,111 ... regio Asturum, Noega oppidum. in paeninsula Paesici et deinde conven tus Lucensis a flumine Navia Albiones, Cibarci, Eg¡: Varri cognomine Namarini, Adovi, Arrom: Arrotrebae. promunturium Celticum, amnes Florius, Nelo. Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestamarci, Cileni. ex insulis nominandae Corticata et Aunios.

PUNIO, Nat. Hist. IV,111 ... A rexión dos Astures, a cidade de Noega. Na península, os Paesicos e logo o convento Lucense dende o río Navia, cos Albións, Cibarcos, Egos, Varros de nome Namarinos, Adovos, Arronios e Arrotrebas (Logo). O promontorio Céltico e os ríos Florio e Nelo. Os Célticos de sobrenome Nerios e os Super Tamaricos na península na que se adicaron a Augusto as tres aras Sestianas, os Coporos, a cidade de Noeta, os Célticos de sobrenome Praestamarcos, os Cilenos. Das !'llas deben nomearse Corticata e Aunios.

Esta cidade de Noega aparece tamén citada por Mela (111,13) e Strabon (111,4,20) no litoral astur. E probable que corresponda á actual Avilés ou ás proximidades. O problema que plantexa esta localidade va; intimamente relacionado coas tres aras Sestianas e co nome doutra cidade que aparece neste mesmo fragmento, Noeta (ou mesmo Noega noutros Códices). Seguramente, da semellanza dos nomes destas 68

dúas cidades situadas en lugares diferentes veñen as confusións na localización das aras Sestianas (ver Mela, 111,13), Os Paesicos xa foron citados polo propio Plinio (111,28) aínda que como un pobo do interior e agora aparecen situados cara a costa. Os Albións, localizados a partir do río Navia e a continuación dos Paesicos, é dicir, que estarían entre o río Navia (que mantén o nome antigo) e o río Eo, na zona costeira., En Vegadeo apareceu unha lápida funeraria que ten o nome dun persoaxe dos Albións. No río Navia daba comenzo o convento Lucense. Os Cibarcos deberían ocupar unha zona tamén costeira próxima á ría de Ribadeo. Os Egos e os Varros pode que sexan un só nome, os Egovarros e son descoñecidos. Se temos en conta o lugar no que Plinio os cita, deberían ocupar unha zona entre a Serra do Xistral cara Viveiro, tamén ocupando área costeira. Os Adovos ou ladóns (noutras edicións) extenderíanse na costa entre Viveiro e Ortegal, aproximadamente. Preto deles e antes dos Artabros, vindo camiño E-W, estarían os Arronos. Os Arrotrebas deben se-los mesmos que os Artabros que citan outros autores como Mela ou Strabon. Ocuparían o «sinus Artabrorum», a múltiple entrada que forman as rías da Coruña-Betanzos-Pontedeume-Ferrol (Schulten, Murguía, Maciñeira, García Bellido, etc.). Sen embargo, a esta localización xenérica, pódense facer anotacións en función da interpretación dos datos doutros textos e autores. Así, C. Torres (La Galicia Romana, p. 120) sinala que os Artabros débense identificar cos Brigantinos ou Brigantes que ocupaban a costa dende Ortegal a Fisterra; tamén quere poñer en relación o nome do pobo co nome do oso «arctos» e así «tódolos pobos que ocupaban a zona norteña de Galicia se chamaban Artabros»; poida que esta asociación veña do nome da Osa Maior (Arctos) do Zodíaco que marca o N. O mesmo autor, noutro traballo, sinala que tamén cabe a posibilidade de que se chame xentes do N. pola súa procedencia dunha emigración de Irlanda ou da Gran Bretaña nas que tamén se atopan grupos étnicos que levan o nome de Brigantes, como os de Galicia. Así, segundo C. Torres, os Artabros virían do N. e dominaron a pobos como os Lapatiacos, ladóns, Egovarros, etc. que, unha vez dominados, todos eles recibirían o nome de Artabros. Os ríos Florio e Nelo están sen identificar. De novo diferencia Plinio entre os pobos de carácter céltico dos que non o son, ou, o que é o mesmo, a diferencia entre elementos non célticos, indíxenas e os célticos vidos de fora. Os' Nerios, nas proximidades do promontorio Nerio ou tamén chamado Céltico (ver Mela, 111,9). Os Supertamaricos estarían ó N. do río Tambre que lIes da nome. Cítaos tamén Mela (111,10) e, segundo Plinio, no seu territorio levantaríanse as tres aras Sestinas. Os Coporos ou Caporos ocuparían a comarca de Santiago entre, aproximadamente, o río Sar e Caldas de Reis, a coñecida como A Mahía. Pero Ptolomeo (11,6,23) sitúaos entre os Artabros e os Cilenos e sinala as cidades de Iria e Lugo como pertencentes a eles. O Itinerario de Antonino sinala un Vico Spacorum na vía «per loca marítima» de Braga a Astorga. Moralejo Lasso (Sobre algunos topónimos, p. 198) corrixe o que pensa que é un erro do Itinerario e quedaría «Vigo Caporum», a actual Vigo. Se todo o anterior é correcto, este pobo dos Coporos sería, pola súa 69

FIGURA 4. - Plano da cidade de Lugo

70

extensión, xunto cos Grovios e Artabros, unha das etnias máis importantes. Aparecen tamén citados nunha inscripción (CIL, 11,206)' Os Cilenos serían os últimos do convento Lucense, xa na linde co Bracarense. Ptolomeo (11,6,24) sitúaos entre os Caporos e os Lemavos e, como tamén sinala o Itinerario de Antonino, terían a Aquis Celenis (Caldas/Cuntis) como centro importante. Ocuparían así unha zona entre o Ulla e o Lérez podendo chegar un pouco máis ó S. pola costa. Aparecen en inscripcións (CIL, 11,2.568,2.649). As illas deben corresponder a Cortegada e Ons.

PUNID, IV,112 a Cilenis conventus Bracarum He/leni, Grovi, caste/lum Tyde, Graecorum subo/is omnia. insulae Siccae, oppidum Abobrica. Minius amnis, //// ore spatiosus, Leuni, Seurbi, Bracarum oppidum Augusta, quos super Ga/laecia. f/umen Limia, Durius amnis e maximis Hispaniae, ortus in Palendonibus et iuxta Numantiam lapsus, dein per Arevacos Vaccaeosque, disterminatis ab Asturia Vettonibus, a Lusitania Ga/laecis, ibi quoque Turdulos a Bracaris arcens. omnis, quae dicta regio a Pyrenaeo, meta/lis referta auri, argenti, ferri, plumbi nigri albique.

PUNID, Nat. Hist. IV, 112 Dempois dos Cilenos ven o convento Brácaro cos He/lenos, Grovios e a fortaleza de Tyde, todos descendentes dos Gregos. As i/las Siccas, a cidade de Abobrica. O río Minio con desembocadura de 4.000 pasos de ancho, os Lemos, os Seurbos e Augusta, cidade dos Brácaros e, enriba destes, está Ga/laecia. O río Limia, o río Douro dos maiores de Hispania nacido entre os Pelendonios e que pasa xunto a Numancia, logo (pasa) a través dos Arevacos e Vacceos, quedando separados os Vettóns de Asturias e os Ga/laicos de Lusitania, separando tamén os Túrdulos dos Brácaros. Esta rexión citada dende o Pirineo está chea de xacementos de ouro, prata, ferro, chumbo negro e branco.

En relación co tema da descendencia grega e dos Hellenos e os Grovios, ver lustino, XUV,3,3 e Silio Itálico, 1, 235 e 111,366; sobre a cidade de Abobrica, Mela, 111,13. As illas Siccas son as actuais Cíes. E interesante a relación dos nomes dos pobos polos que atravesa o Douro e as anotacións de cando e entre quen fai a separación. Unha vez máis recóllese a idea de abundancia de metais na provincia da que forma parte Gallaecia.

PUNID, Nat. Hist. IV,113-114 (113) A Durio Lusitania incipit. Turduli veteres, Paesuri, f/umen Vagia, oppidum Talabrica, oppidum et f/umen Aeminium, oppida Conimbriga, 71

.c ElI oDRI SAl \ M \ e o s .FO RO DD l 'M IGDS "\ p.,M p., G

p.,NO S

FIGURA 5. -Algunhas unidades étnicas e accidentes xeográficos segundo as fontes clásicas.

72

Collippo, Eburobrittium. excurrit deinde in altum vasto cornu promunturium, quod a/iqui Artabrum appellavere, alii Magnum, multi Olisiponense ab oppido, terras, maria, caelum discriminans. illo finitur Hispaniae latus et a circuitu eius incipit frons. (114) septentrio hinc oceanusque Gallicus, ocasus illinc, oceanus A tlanticus. promunturi excursum LX prodidere, alii XC, ad Pyrenaeum inde non pauci IXI/I·E, et ibi gentem Artabrum, quae numquam fuit, manifesto errore. Arrotrebas enim, quos ante Celticum diximus promunturium, hoc in loco posuere litteris permutatis. PUNIO, Nat. Hist. IV,113-114

(113) A Lusitania comenza dende o Douro. (Ten) Os Turdulos antigos, os Paesuros, o río Vagia, a cidade Talabrica, a cidade e o río Aeminio, as cidades de Conimbriga, Collippo e Eburobritto. Logo exténdese o promontorio mar adentro formando un largo saínte separando terras, mares e ceo, ó que uns chaman Artabro e outros Magno, e moitos Olisiponense, pola cidade. Con el remátase o lado de Hispania e empeza, Ó doblalo, o seu frente. (114) Por unha parte (está) o septentrión e o Océano Gallico e por outra o ocaso e o Océano Atlántico. Dixeron que a extensión do promontorio era de 60. ()()O pasos, outros que de 90. ()()(), non poucos (dixeron) que de aquí ata o Pirineo había 1.250.()()() pasos e con manifiesto erro sitúan alí ó pobo dos Artabros, que nunca existiu. Pois, cambiadas as letras, puxeron neste lugar ÓS Arrotrebas que dixemos que estaban diante do promontorio Céltico.

Os Turdulos son aqueles que vindo dende o S. pasaron o Limia esquecendo o seu nome e quedándose a vivir na nova patria, segundo narra Strabon. O río Vagia debe corresponder ó actual Vouga. Talabrica non está localizada. O río Aeminio debe corresponder ó actual Mondego. Collippo pode que corresponda a Uivia e Eburabrittio a Evora de Alcobac;:a. Todo isto interesa en relación co nome que da Plinio, Artabro, ó promontorio ou cabo Olisiponense ou Magno. Trátase dun erro de Plinio debido a que sigue unha fonte tamén errónea que era Varrón; o propio Plinio rectificará máis adiante. Este promontorio é o cabo Rocha dende o que fai comenza-Io lado frontal da Península. Recolle doutros autores algunhas medidas aínda que non se inclina a favor de ningún dato. (A milla romana equivalía, en xeral, a 1.478,50 m.L

PUNIO, Nat. Hist. IV,115

erratum et in amnibus inclutis. ab Minio, quem supra diximus, CC, ut auctor est Varro, abest Aeminius, quem alibi quidam intellegunt et Limaeam vocant, Oblivionis antiquis dictus multumque fabulosus 73

PLlNIO, Nat. Hist. IV,115 Tamén nos ríos famosos hai erro. Dende o Minio, do que xa falamos, como di Varrón, dista o Aeminio 200.000 pasos, que outros entenden que está noutra parte e chaman Limia, coñecido como Oblivion (Esquecemento) polos antigos e moi lexendario.

Se Plinio sinala que Varrón erra, parece que tamén mesmo Plinio erra; confunde o Aeminio co Limia, se, como anotaba no párrafo anterior, o Aeminio referíase ó Mondego. Sobre os nomes e as referencias do río Limia, Strabon, 111,3,4. Plinio recolle moitos datos de M. Terencio Varrón (116-27 a X.) Era natural de Reata (Sabinia) e ocupou varios cargos públicos aínda que a súa vida estivo adicada, esencialmente, ó traballo intelectual chegando a escribir máis de 70 obras recoIIidas en 62 volumes. Os temas eran moi variados: biografías, poemas, filosofía, agricultura, etc. Foi un lector incansable. Pompeiano en política, aínda que non reparou en acepta-lo honor de César cando lIe propuxo para a primeira biblioteca pública. Da súa extensa obra conservamos pouco; tres libros de «Rerum rusticarum», os libros V ó X moi esmoqueados de «Oe lingua latina» e f~agmentos dispersos das «Sátiras menipeas» e das «Antiguidades». Os moitos coñecementos adquiridos como lector incansable válenlle case que todos sen facer apenas crítica deles; pero tivo o mérito de sabelos organizar ben, cun sentido exacto das novas necesidades pedagóxicas. Xunto ás lecturas incorpora datos personais; elimina cousas alleas ó tema, planifica ben o plan da obra e artella unha presentación con diálogos e variados escearios para mente-la atención do lector. Nas Sátiras, a lingua é moi viva, o verso áxil e sinxelo e deberon ter importancia na sátira latina estes ensaios de «filosofía popular» presentados en varias fórmulas de viva ironía. Nas Antiguidades (25 humanas e 16 diviñas) recopila Varrón grancantidade de datos de carácter arqueolóxico sobre a antigua Roma; deles derivan moitísimos dos datos que comentaristas e gramáticos antigos nos transmitiron e mesmo a Jdade Media.

PLlNJO, Nat. Hist. IV,118 Lusitaniam cum Asturia et Gallaecía patere longitudine DXL, lititudine DXXXVI, Agrippa prodidit. Dmnes autem Hispaniae a duobus Pyrenaei promunturiis per maria totius orae círcuitulxxv////I-/XXIIII/colligere existimantur, ab aliislxxvJI.

PLlNIO, Nat. Hist. JV,118 Transmite Agrippa que Lusitania con Astúrica e Gallaecía exténdense nunha lonxitude de 540.000 pasos e nunha anchura de 536.000 (pasos). Todos calculan que o perímetro total de Hispania dende os dous promontorios do Pirineo, polo mar, é de 2.924.000 pasos aínda que outros pensan que é de 2.600.000 (pasos).

74

M. V. Agrippa foi o autor dun Mapa Mundi, «Orbis Pictus», pintado no pórtico da casa da súa irmá en Roma, e dunha descripción da Orbe, «Chorographia». As dúas obras tiveron un gran influxo en xeógrafos coetáneos e posteriores, entre eles Plinio e Mela. De orixe humilde, tivo o favor do emperador Augusto e, de non morrer denantes que el, é probable que fose o seu sucesor. Foi un importante colaborador do emperador no terreo militar e impulsor de actividades culturais, sobre todo dese mapa. Parece que esta idea xa fora de César aínda que foi con Augusto cando tomará corpo e datos procedentes de todo o Imperio; á morte de Agrippa, no 12 a. X. Augusto mandou rematalo e, a pouco da súa morte (14 d. X,) xa é citado por Strabon. O mapa ía acompañado dun texto explicativo con comentarios, medidas e outro tipo de datos que é probable que se organizaran en forma de itinerarios. O dato de tipo administrativo que da Plinio é interesante pero, ó mesmo tempo, contradictorio. Como sinala Schulten (Cántabros, p. 203) é extrano que Asturias apareza unida á Gallaecia e non á Cantabria. E probable que esta separación de Asturias de Cantabria sexa no momento das guerras Cántabras, xa que dende o ano 25 a. X. os Cántabros estaban pacificados mentras que os Astures e Gallaicos aínda permañecían en rebeldía. Así, ó remate da guerrra, Gallaecia e Asturias formaron parte da provincia da Lusitania mentras que Cantabria pasaba á Citerior. Esta organización foi cambiada no tempo de Tiberio (ver Strabon, 111, 4,20)'

PLlNIO, Nat. Hist. IV,119 Ex adverso Celtiberiae conplures sunt insulae, Cassiterides dictae Graecis a fertilitate plumbi, et e regione Arrotrebarum promunturi Deorum VI, quas aliqui Fortunatas appe//avere.

PLlNIO, Nat. Hist. IV,119 Frente á Celtiberia hai varias ,Ylas chamadas polos Gregos Cassiterides pola abundancia de chumbo e diante da rexión do promontorio dos Arrotrebas hai seis (¡Ylas) dos Deuses que algúns chamaron Afortunadas.

As illas Kassiterides (ver Strabon, 111,2,9) aparecen situadas por Plinio frente a Celtiberia aínda que é probable que quixera dicir Gallaecia ou frente dos Artabros (Arrotrebas) como sinalan outros autores cando as queren localizar. Sen embargo, é sabido que na Antiguidade estas iIIas non estaban localizadas con exactitude e o feito de que nos «fisterras atlánticos» e nas illas próximas a eles houbera estaño en abundancia na Antiguidade, dificulta a exacta localización. As seis iIIas dos Deuses, tamén chamadas Afortunadas, deben corresponder a illas da costa galega que, por unha imprecisión dos nomes, son chamadas como as Canarias. Segundo Schulten (Hispania, p. 42) corresponderían ás illas dos Bruios, ó N. do Tambre. Para Cuevillas poderíanse identificar con calquer grupo de illóns da costa entre Fisterra e Ortegal (Estudos, p. 31). Tamén cita unhas illas dos Deuses Ptolomeo (11, 6,73) no litoral entre o Limia e o Miño.

75

PLlNIO, Nat. Hist. VII,197

plumbum ex Cassiteride insula primus adportavit Midacritus. PLlNIO, Nat. Hist. VII,197

Midacrito foi o primeiro que trouxo chumbo da illa Cassiteride.

°

nome deste persoaxe parece unha versión latina dun nome grego que correspondería a un dos primeiros viaxeiros ás Kassiterides na percura do chumbo; este chumbo, como aparece noutras pasaxes do propio Plinio, é o chumbo branco, é dicir, o estaño.

PLlNIO, Nat. Hist. VIII,166

Constat in Lusitania circa Olisiponem oppidum et Tagum amnem equas favonio flante obversas animalem concipere spiritum, idque partum fieri et gigni pernicissimum ita, sed triennium vitae non excedere. in eadem Hispania Gallaica gens est et Asturica; equini generis his sunt quos tieldones vocamus; minore forma appellatos asturcones gignunt, quibus non vulgaris in cursu gradus, sed mollis alterno crurum explicatu glomeratio, unde equis tolutim carpere incursum traditur arte. Equo fere qui homini morbi, praeterque vesicae conversio, sicut omnibus in genere veterino. PLlNIO, Nat. Hist. VIII,166

Está comprobado que, en Lusitania, nos arredores da cidade de Olisipon e do río Teixo as éguas, voltas cara ó favonio que sopla, reciben o espíritu do aire, prodúcese o parto e que nace así o máis veloz, pero que non pasan de tres anos de vida. Na mesma Hispania hai un pobo Gallaico e Astur; estes teñen cabalos ós que chamamos Tieldóns e Asturcóns, de talla máis pequena, que non teñen un paso normal na carreira senón un pouco mol polo movemento alterno das patas, por iso se conta que con maña botan ós cabalos a andar a trote. O cabalo ten case as mesmas enfermedades que ten o home agás un trastorno de vexiga (tumor) como Iles pasa a todos no xénero animal.

°

vento Favonio é o vento do W., chamado tamén noutros lugares o Céfiro; este vento preña á éguas e esta é a razón da súa veloz carreira. E unha lenda extendida e comentada en varios autores clásicos dunha forma xeral (Virxilio, Xeo. 3, 271; Silio Itálico, '", 379-81; Columela, 6, 27, 77 ou referida ó N-W (ver lustino, XLlV,III, 1) dun xeito particular. Sobre o cabalo «asturcón» hai numerosas referencias; menos sobre o cabalo galaico aquí chamado por Plinio «tieldón», non de gran talla pero moi resistente. 76

PUNIO, Nat. Hist. XVI,15 Glande opes nunc quoque multarum gentium etiam pace gaudentium constant. nec non et inopia frugum arefactis emolitur farina spissaturque in panis usum; quin et hodieque per Hispanias secundis mensis glans inseritur. dulcior eadem in cinere tosta. cautum est praeterea lege XII tabularum, ut glandem in alienum fundum procidentem liceret col/igere.

PUNIO, Nat. Hist. XVI,15 Agora tamén as riquezas de moitos pobos, aínda na paz, constitúense de landras. E tamén pola escasez de cereais, unha vez secas, móese a fariña e amásase en forma de pan; aínda hoxe mesmo nas Hispanias tómase a landra de postre. E máis doce tostada na cinza. Ademais está ordeado pola Ley das XII Táboas que sexa permitido recol/e-Ia landra que caia nunha propiedade al/ea.

Xa Strabon sinalara (111,3,7) como as landras eran unha das bases da alimentación dos pobos do N-W triturándoas obtiñan unha fariña coa que facían un pan que gardaba moito tempo. Nas excavacións dos castros é moi habitual atopar landras carbonizadas. Eran empregadas, pois, como panificables.

PUNIO, Nat. Hist. XVI,5O mas noxio fructu; letale quippe bacis in Hispania praecipue venenum ines t,

PUNIO, Nat. Hist. XVI,50 (O teixo) macho é de froito velenoso e nas bagas hai un veleno mortal, sobre todo na Hispania.

Orosio (VI,21,8), Floro (11,33,50) e Strabon (111,4,18) falan tamén deste veleno empregado en momentos de apuro ou perigo polo Gallaicos e tamén polos Cántabros. Obtíñano do teixo e os homes levábano sempre con eles.

PUNIO, Nat. Hist. XIX,10 non dudum ex eadem Hispania Zoelicum venit in Italiam plagis uti/issimum; civitas ea Gal/aeciae et oceano propinqua, est sua gloria et Cumano in Campania ad piscium et alitum capturas.

77

PLlNIO, Nat. Hist. XIX,10 Dende fai pouco tempo, da mesma Hispania chega a Italia o liño Zoélico moi útil para redes. Esta cidade (Zoela) é de Gallaecia e está próxima ó Océano. Mesmo Cumas, na Campania, Ile debe a fama da pesca e da caza.

A fama do liño dos Zoelas (ver Plinio, 111,28) chega a Campania e tiña unha aplicación especial para redes de caza e de pesca.

PLlNIO, Nat. Hist. XXXI,23-24 (23) et in Cantabria fontes Tamarici in auguriis habentur. tres sunt octonis pedibus distantes, (24) in unum alveum coeunt vasto amne. singuli siccantur duodenis diebus, aliquando vicenis, citra suspicionem ullam aquae, cum sit vicinus i/lis fons sine intermissione largus. dirum est non profluere eos aspicere volentibus, sicut proxime Larcio Licinio legato pro praetore post septem dies accidit.

PLlNIO, Nat. Hist. XXXI,23-24 (23) E na Cantabria as fontes do Tamarico serven de augurio; (24) son tres separadas entre sí oito pes; xúntanse nun só canle formando un gran caudal. Perante doce días están secas e poden chegar ata vinte sen que se poida distinguir ningunha, mentras que unha fonte viciña conserva un gran caudal sen parar. Cando os que desexan velas as atopan secas é un mal presaxio tal como Ile aconteceu fai pouco ó legado propretor Larcio Licinio que morreu 6s sete días.

°

río Tamarico que cita Plinio debe selo mesmo Tamaris de Mela (111,10), o actual Tambre, aínda que aquí habería un erro ó coloca-lo seu nacemento en Cantabria, e preséntao en relación con temas de augurios e presaxios dos que nada dixera Mela. Larcio Licinio parece ser un amigo de Plinio e tamén erudito como el do que non coñecemos obras; parece que lIe chegou a ofrecer unha gran cantidade de diñeiro pala venda dos materiais que, a modo de ficheiro ou resumes, fora acumulando Plinio ó langa de moitos anos de apaixoada lectura, pero dos que Plinio non se quixo desprender (García Bellido, La España del S. l., p. 76).

78

PUNID, Nat. Hist. XXXIII,76-77-78

alius etiamnum in plano labor. fossae, per quas profluat, cavantur -agogas vocant-; hae sternuntur gradatim ulice. frutex est roris marini similis, asper aurumque retinens. latera c1uduntur tabulis, ac per praerupta suspenduntur canales. ita profluens terra in mare labitur ruptusque mons diluitur, ac longe terras in mare his de causis iam promovit Hispania. (77) in priore genere quae exhauriuntur inmenso labore, ne occupent puteos, in hoc rigantur. aurum arrugia quaesitum non coquitur, sed statim suum est. inveniuntur ita massae, nec non in puteis, et denas excedentes libras; palagas, alii palacurnas, iidem quod minutum est balucem vocant. .. (78) vicena milia pondo ad hunc modum annis singulis Asturiam atque Callaeciam et Lusitaniam praestare quidam prodiderunt, ita ut plurimum Asturia gignat. neque in alia terrarum parte tot saeculis perseverat haec fertilitas. (76)

PUNID, Nat. Hist. XXXIII,76-77 (76) Hai aínda outra obra no terreo. Cávanse canles polos que corre a auga - chámanlle ((agogas))-; pouco a pouco estes cúbrense de toxo. E un arbusto semel/ante ó romero, áspero e que garda o ouro. Os lados están cerrados por táboas e por lugares escarpados están colgantes os canles. Baixando así aterra, deslízase ata o mar e, roto o monte, desfaise e por este motivo Hispania introduciu enormemente as terras no mar. (77) O ouro obtido polos ((arrugi8)) non se funde, senón que é ouro en sí mesmo. Así atópanse masas, pero non nos pozos, de máis de dez libras; uns chámanlle a estas masas ((palagas)) e outros ((palacurnas)) e cando é pequena chámanlle ((balux)). (78) Algúns contaron que Asturias, Callaecia e Lusitania, por este procedemento, en cada ano, sobrepasaron as 20. ()()O libras de peso, pero Asturias é a que produce a meirande parte. En ningunha outra parte da terra se mantén esta abundancia.

Nestes párrafos describe Plinio os procedementos de extracción mineira do N-W, aplicables, sobre todo, á zona de Asturias, zona de máis abundancia do ouro. Mantén vocablos indíxenas como «palaga», «palacurna» e «balux» que non deberían ter unha exacta traducción en latín. Era unha extracción do ouro contido en seixo, arxila e pizarra, rochas que se tiñan que desintegrar para solta-Ias pepitas de metal. Para iso os mineiros empregaban grandes cantidades de auga transportadas en depósitos e conducidos por numerosos e largos canles. Así formaban as «arrugias», as explotacións en cámaras subterráneas con pilares para sostelas; estas eran logo destruidas e así lograban o seu afonda mento, a «ruina montium», que podían afectar a masas inmensas de terra de ata 20 millóns de metros cúbicos. As grandes masas de rochas fragmentadas eran sometidas a un lavado por auga que se facía caer dende unha gran altura que podía chegar ós 100 m.; esta auga era previamente em-

79

.ESTAÑO *COBRE OCHUMBO

~t~~ ZoNA

AURIFE RA

=RIO AURIFERO

FIGURA 6. - Riqueza mineira en Galicia

82

competencia: de aí a propagación dos monstruos mariños, élas brétemas, dos baixos, etc. As «alutia» son as explotacións das areas auríferas dos ríos que, como no caso do Miño ou do Sil, arrastrábanas en cantidade. Tamén é un procedemento indíxena, como no caso anterior d~s «arrugias». Especifica Plinio.as posibiiidades e as combinacións dos dous tipos de chumbo, o branco e o negro con moito detalle e remontando a fama do estaño xa ó propio Homero.

83

VALERIO MAXIMO

(s. 1. d. x.)

Valerio Máximo, xunto con Veleio Patérculo e Ouintio Curcio representan, na época Claudiana, a tendencia cara unha historia retórica, moralizante e novelesca. Era unha historia ó servicio do poder imperial á que lIe estaba vedada a independencia. Valerio Máximo foi un gran adulador de Tiberio; deixounos 9 libros de feitos e ditos memorables, cheos de anécdotas ben organizadas. Son relatos breves, curiosos ou morais con escaso valor científico.

VALERIO MAXIMO, 6,4,ext.1 cuius mentio mihi subicit quod adversus Decimum Brutum in Hispania graviter dictum est referre. nam cum ei se tota paene Lusitania dedidisset ac sola gentis eius urbs Cinginnia pertinaciter arma retineret, temptata redemptione propemodum uno ore legatis Bruti respondit ferrum sibi a maioribus, quo urbem tuerentur, non aurum, quo libertatem ab imperatore avaro emerent, relictum.

VALERIO MAXIMO, 6,4,ext.1 A súa mención faime lembra-Ia severa resposta que en Hispania se l/e deu a Décimo Bruto. Pois, logo de que se l/e entregara toda a Lusitania e quedando nela só a cidade de Cinginnia que retiña as armas con tenacidade, propúxol/e un trato por diñeiro; como unha soa voz responderon ós legados de Bruto que os seus maiores deixáranl/es ferro para defende-Ia cidade, non ouro para compra-la libertade a un xeral avaro.

Esta anécdota contén unha resposta moi típica e repetida en feitos deste tipo en que se propoñen pactos innobles; os que levan a peor parte respostan sempre con valor e desprecio; cunha frase corta, lapidaria e con intención moralizante. A propia Roma ensinara e demostrara o valor destas sentencias e coñecía o seu valor na formación dunha idea nacionalista. A cidade de Cinginnia é descoñecida. Schulten (F. H. A. t. IV, p. 138) apunta a semellanza da raíz «cing-» coa do río Cinca afluente do Ebro, mais neste texto refírese a unha cidade da Lusitania, zona de actuación de Bruto, o vencedor dos Gallaicoso

84

SILla ITALlca (25-101 d.

x.)

Titus Catius Italicus, romano que pasou case que toda a súa vida nas súas posesións de Campania, foi un gran orador e gran admirador de Cicerón. Ocupou altos cargos na administración: no ano 68 foi nomeado cónsul e no 77 procónsul de Asia. Nos derradeiros vinte anos da súa vida adicouse á poesía e puxo en versos ó estilo de Virxilio 111. a Década de Tito Livio sobre a Segunda Guerra Púnica; «Punica» será unha obra de gran influxo en toda a posterior epopeia latina.

SILlO ITALlCO, 1,235-6 Quique super Gravios lucentis volvit harenas, Infernae popu/is referens oblivia Lethes.

SILlO ITALlCO, 1,235-6

o

lethes discurre arrastrando bril/antes areas pola terra dos Gravios evocándol/e ós pobos o esquecemento do máis alá.

Unha vez máis aparece o dato das areas auríferas nos ríos, que vai unido aquí ó río Lethes, o río que fa; esquecer. Este río, chamado tamén Oblivion, Belión ou Limia (ver Strabon, 111,3,4) percorre o territorio dos Gravios, tribu que habitaría, polo tanto, 6 S-W de Gallaecia. Seguramente este pobo é o mesmo que cita Mela 011,10) como Grovios e o seu nome serviu para, cunha etimoloxía popular e falsa, relacionalos cos gregos.

SILlO ITALlCO, 11,397 Cal/aicae tel/uris opus

SILlO ITALlCO, 11,397 Obra da terra Cal/aica

SILlO ITALlCO, 11,417 Cal/aicae facere manus

SILlO ITALlCO, 11,417 Fixérono mans Callaicas SILlO ITALlCO, IV,326 Cal/aici radiantem tegminis orbem

85

SILlO ITALlCO, IV,326

Disco redondo que brilla, de remate Callaico

Recolle tres datos sobre un regalo dado a Aníbal e que se califica expresamente como unha obra Gallaica. E indudable que, para que Silio Italico anote este dato, os Callaicos tiñan que ter moi boa fama de ourives.

SIUO ITAUCO, 11,602

Callaico vestes distinctas matribus aura SI UO ITAUCO, 11,602

As nais tiñan uns vestidos adornados de aura callaico. SIUO ITAUCO, 111,344-353 344 - Fibrarum et pennae divinarumque sagacem. 345 - Flammarum misit dives Callaecia pubem, Barbara nunc patriis ulu-

tantem carmina linguis, Nunc, pedis alterno percussa verbere terra, Ad numerum resanas gaudentem plaudere caetras. Haec requies ludusque viris, ea sacra voluptas. 350 - Cetera femineus peragit labor; addere sulco Semina et impresso tellurem vertere aratro, Segne viris. quicquid duro sine Marte gerundum, Callaici coniux obit irrequieta mariti. SILlO ITAUCO, 111,344-453

A opulenta Callaecia enviou á xuventude experta en adiviña-Ias entrañas, os voos das aves e os diviños lóstregos, as veces berrando bárbaros cantos na propia lingua, e as veces danzando ata feri-Ia terra, aledándose 6 golpea-las sonoras caeteras a ritmo. Este descanso i este divertimento son un sacro pracer para os homes. A laboriosidade da mulIer fai o resto; bota semente no rego e ara a terra ca arado, estando inactivos os homes. Todo o que haxa que facer, non senda a dura guerra, afróntao a esposa do home Callaico sen parar.

Aínda que os pobos do N e N-W figuran como expertos en adiviñaci6n en varias ocasións, o dato dos lóstregos non figuraba. Cabe a posibilidade de que o autor transfira costumes romanas ós Gallaicos (F. H. A. t. VIII, p. 222). Acompañan estas cerimonias cantos e bailes tocando os escudos redondos (
View more...

Comments

Copyright ©2017 KUPDF Inc.
SUPPORT KUPDF