estruturaeformacindepalabrastema3-121009150544-phpapp02.pdf

October 14, 2017 | Author: EnsinarteC.Psicopedagóxico | Category: N/A
Share Embed Donate


Short Description

Download estruturaeformacindepalabrastema3-121009150544-phpapp02.pdf...

Description

ESTRUTURA E FORMACIÓN DE PALABRAS (Tema 3) A PALABRA. ESTRUTURA INTERNA Lexemas independentes: constituén palabras por si sós: avión, pan, coche... LEXEMA ou Radical

Lexemas dependentes: precisan doutros monemas para formar unha palabra: nen-

(Significado léxico)

MORFEMA (Significado gramatical ou doutro tipo: lugar, acción...)

Morfemas independentes: constitúen palabra por si mesmos. Serven para relacionar ou presentar outras unidades lingüísticas. Son os determinantes, as preposicións e as consuncións: para, por... Prefixos: van colocados diante do lexema: com-poñer. Morfemas Morfemas Algúns prefixos teñen idéntica forma a outras palabras dependentes: derivativos ou independentes: sobre, contra... únense a un lexema afixos. Crean palabras novas que pertencen á mesma categoría gramatical da palabra para completar e/ou Engádense ao base (ex.: verbo-verbo: poñer-compoñer) A maioría proceden do latín e do modificar o seu lexema para grego. significado. formar novas Infixos: van no interior da palabra, entre o lexema e os palabras ou para sufixos: carn-ic-eir-o, café-t-ería, durmi-ñ-ón. O máis habitual é o –c- que se coloca ante o sufixo –iño cando o lexema aportar novos remata en sílaba tónica con –n final: irmanciño; ou en vocal tónica ou valores de ditongo: peciño (ou peíño) significado. Sufixos: van Sufixos alterativos: Poden ser: despois do Non modifican a categoría gramatical da lexema: palabra (subs/subst: casa/casiña) mobl-ería, olSegundo o seu significado poden ser: eir-o Diminutivos; casiña, soutelo. Aumentativos: homazo, tristón. Despectivos: cuartucho, xentuza. Sufixos derivativos: Crean palabras novas con entrada no diccionario. Poden cambiar a categoría gramatical da palabra: leda/ledamente (adx/adv). Segundo o seu significado poden ser: Colectivos (alumnado), locativos (piñeiral), xentilicios (ourensán), temporais (alborada), de acción (mazadura), caracterizadores (teimudo), profesionais (florista), abstractos (beleza)… Morfemas flexivos ou desinencias: expresan categorías gramaticais: -xénero e número nos substantivos.: nen-o, nen-a-s -tempo, modo, número, persoa, aspecto, voz nos verbos: Serven para establecer a concordancia entre os distintos elementos da oración.

CLASES DE PALABRAS Simples

Compostas Derivadas Parasintéticas

Conteñen un só lexema (independente, ou dependente máis morfemas flexivos) ou un morfema independente. -Un lexema independente: luns, tese... -Un lexema dependente máis morfemas flexivos: nenos -Un morfema independente: de, por. Constan de dous lexemas, con ou sen morfemas flexivos: afialapis, sapoconcho. Ou dous morfemas independentes: esoutro. Teñen un lexema e un ou varios morfemas derivativos, podendo tamén presentar morfemas flexivos: porteiro, recrear, xornalista, ameixeira... Dous lexemas e morfemas derivativos, é dicir, composición e derivación á vez: botafumeiro. Ou derivación con prefixo+lexema+fusifxo: descampado, entrkstecer... (sempre que ao prescindir de calquera dos dous afixos non resulte unha palabra existente no idioma: *entriste, *tecer)

1

PROCEDEMENTOS DE FORMACIÓN DE PALABRAS a) COMPOSICIÓN. Unión de dous ou máis lexemas que existen independemente na lingua. 

COMPOSTOS ORTOGRÁFICOS. Fusión de dous elementos nunha palabra: beiramar, fincapé, abrelatas, cabodano, lobishome, augardente, paporroibo, rañaceos.



COMPOSTOS SINTAGMÁTICOS. Un único significado pero dous elementos que se forman por tres procedementos: o Disfunción: porco bravo, porco teixo, peixe sapo, chave inglesa. o Sinapsis (con preposición) estrela de mar, pano da cabeza, cadeira de brazos, arco da vella, mando a distancia. o Contraposición: astur-leonés, árabe-israelí.

b) DERIVACIÓN. Engadir un prefixo ou sufixo a un lexema.  Derivación prefixal: monolingüe  Derivación sufixal: libreiro (VER) c) PARASÍNTESE. 2 posibilidades:  Adición simultánea de prefixo e sufixo a un lexema (non existindo polo tanto a palabra con prefixo ou con sufixo): abotoar (non existe *abotón nin *botoar), entristecer, embarcar (em-barc-ar)  Derivada dunha composta: augardenteiro, misacantano.

d) ABREVIACIÓN. Creación de palabras novas mediante distintos procedementos de abreviación.:  Acurtamento. Adoitan ser apócopes: tele (televisión), moto (motocicleta), foto (fotografía), super (supermercado)  Siglas: Formacións léxicas que fan referencia a sociedades, organismos, empresas… Fórmase coa unión das letras iniciais da denominación: UE, ESO, DOG, ONU. Escríbense en maiúscula e sen punto despois de cada inicial: DOG, RAG. En ocasións, fórmanse, a partir de siglas, verdadeiras palabras que figuran como tales nos dicionarios, engadindo as vogais necesarias para a súa pronunciación: elepé
View more...

Comments

Copyright ©2017 KUPDF Inc.
SUPPORT KUPDF