Cómics de tema clásico. Recomendacións

December 29, 2017 | Author: Susana Losada | Category: Marvel Comics, Roman Empire, Greek Mythology, Unrest
Share Embed Donate


Short Description

Descripción: Breve listado de cómics de tema clásico para secundaria e bac, cunha pequena recensión....

Description

CÓMICS CULTURA CLÁSICA PARA SECUNDARIA, BAC... (Febreiro 2017)

Broeders, Ken, Apóstata, ed. Yermo. Serie ambientada no s. IV d. C. Baseada na traxectoria de Xuliano o Apóstata, moi bo debuxo, documenta ben o final do Imperio Romano de Occidente coas súas tensións internas. Para lectoras/es maduros.

Calatayud, M. Los 12 trabajos de Heracles, Ediciones de Ponet. Magnífica versión dos traballos de Heracles nun estilo pop-art, con clara inspiración na cerámica grega e nos frescos minoicos e micénicos. A partir de 3º de ESO.

Campbell, E. Baco, ed. Astiberri. Serie en tres tomos que narra as andanzas dun deus Baco que leva 4000 anos de esmorga entre os mortais e, xa próximo a desaparecer, rememora a súa historia familiar, dando un repaso por mitos varios. Unha versión actual da mitoloxía non tan brillante como Greek Street.

Doxiadis, A. e Papadimitriu, Ch., Logicomix, ed. Sins Entido, historia das matemáticas e filosofía nos s. XX seguindo a traxectoria de Bertrand Russell. Libro interdisciplinar: matemáticas, filosofía, clásicas… para lectores maduros, mellor BAC en adiante.

Dufaux, Jean e Delaby, Philippe, Murena, ed. Planeta D’Agostini. Magnífica serie de 9 tomos que describe a vida dun patricio romano na Roma imperial de Claudio e Nerón, moi ben documentada (cita a Suetonio). Moitas escenas de loita de gladiadores, eróticas e da vida cotiá na Roma Imperial.

Goscinny, R. &Uderzo, A. Asterix, ed. Varias, tamén animación en DVD. Famosísima serie dos irredutibles galos, que documenta en clave de humor a romanización da Galia e outras provincias do Imperio Romano. Traducida a infinidade de idiomas, incluídos latín e grego clásico. Ferramenta imprescindible que se pode usar en primaria Fernández, Juanra & Guerrero, Mateo, Gloria Victis, ed. Norma. Estupenda serie ambientada na Hispania do s. I d. C., protagonizada por un xoven auriga que quere vingar a morte do seu pai nunha carreira pouco limpa. Debuxo incrible, excelente para documentar os ludi e vida cotiá no Imperio Romano. Moi fácil de ler, engancha, a partir de 1º de ESO.

Cómics cultura clásica. Páx. 1

Ferran, Sébastian. Ulises I, II, III e IV, ed. Sexto Piso. Odisea en catro tomos, accesible para 3º ESO, completo, dinámico, fácil de ler.

Homero, Ilíada y Odisea, el manga, ed. Herder. Resumo correcto da Ilíada e Odisea de Homero, parte dunha colección de clásicos universais en manga da ed. Herder. Fácil de ler, manga con maquetación occidental. A partir de 1º de ESO.

König, Ralph,. Lisístrata, ed. La Cúpula. Versión da Lisístrata de Aristófanes en clave gay. As mulleres de Atenas e Esparta deciden poñerse en folga sexual cos maridos até que non firmen a paz entre eles dando fin á Guerra do Peloponeso. Co que non contaba Lisístrata era con que á falta de mulleres, os homes botasen man dos homes… Marini, Enrico, Águilas de Roma, Norma Editorial. Serie que vai no 4º volume, que narra as aventuras de dous amigos que se criaron xuntos: un patricio romano, fillo de romano e xermana, e un príncipe xermano levado a Roma como refén. boa documentación histórica sobre as camapañas contra os xermanos. Descricións moi interesantes da vida cotiá, villae, urbanismo, exército con escenas eróticas.

Marazzano e Frussin La expedición. I El león de Nubia. Diábolo Ediciones. Aventura dunha lexión que deserta para buscar unha civilización perdida, máis alá de Nubia romanas conquistando, fácil de ler, datos interesantes. Ten máis volumes.

Mazzucheli, Asterios Polyp, ed. Salamandra. Historia dun arquitecto, profesor, escritor... que da un xiro a súa vida cando o seu apartamento se incendia. Obsesionado co seu irmán xemelgo morto ao nacer, trata o tema da dualidade e da busca persoal repleto de referentes clásicos. Debuxo revolucionario, en conxunto impresionante. Para lectoras/es maduras.

Merwan &Vives, Por el Imperio, Diábolo Ediciones. Serie en tres tomos sobre lexións romanas ávidas de conquista a cambio de recompensas. Ambientado nun espazo e tempo imprecisos.

Cómics cultura clásica. Páx. 2

Messner-Loebs, William & Keith, Sam Epicuro el Sabio, Norma Editorial. Visión do panorama filosófico da antiga Grecia en clave de humor, mesturando a personaxes de distintas épocas e facendo digresión sobre os mitos gregos. Para boas lectoras/es

Miller, Frank, 300, Norma Editorial. Cómic no que se basea a famosa película que rende honra aos 300 espartanos mortos nas Termópilas durante as Guerras Médicas, pero moito mellor e sen maniqueísmo excesivo. A partir de 3º de ESO

Milligan, P. Greek Street, ed. Planeta de Agostini. Moi interesante versión dos mitos gregos nun Londres actual escuro e marxinal, con claras referencias dos Atridas, Edipo, Casandra, Aquiles e Patroclo, as Furias... A partir de 3º de ESO. Mitton, Ives & Rocca, Simon, Vae victis! ed. Norma. Serie en cinco volumes ambientada na conquista das Galias por César. Heroína protagonista inspirada na Boadicea histórica. Moi boa ambientación documentación histórica. O primeiro tomo máis denso. Para lectoras/es maduros e con interese na historia. Papadatos, A. & Kawa & di Donna. Democracia, ed. Alianza. Magnífica historieta que transcurre na Atenas dos s. VI-V a. C., xusto antes da Batalla de Maratón. Marabillosamente contextualizada, explica o nacemento da democracia con reflexións filosóficas. Mellor para lectoras/es de 1º de BAC.

Pérez Navarro & Saurí, Martín. La Odisea, Norma Editorial. Boa adaptación do clásico homérico, debuxo algo abigarrado e cargado en blanco e negro. Mellor a partir de 4º de ESO.

Prudhome, David, Rebétiko, La mala Hierba, Ed. Sins Entido. Historia ambientada na Atenas dos anos 30 do s. XX baixo a ditadura de Metaxas, protagonizada por músicos de rebético, representantes dunha poboación marxinal e desprazada, procedente de Asia Menor. Moi interesante, sobre todo se se acompaña con audicións de música rebética. Lectura accesible, talvez máis atractivo para lectoras/es maiores.

Riordan, Rick & Vewnditti, R. e outros. El ladrón del rayo. Percy Jackson y los dioses del Olimpo Ed. Salamandra. Adaptación das novelas de R. Riordan, aínda que se parece máis á película que o texto, fácil de ler a partir de 1º de ESO. Cómics cultura clásica. Páx. 3

Roga, Irene. La canción de Ariadna, ed. Glenat, manga que relata as aventuras dunha princesa grega que só ten en común o nome coa Ariadna da mitoloxía. Fácil de ler.

Rossi & Le Tendre, La Gloria de Hera, Ed. Planeta DeAgostini. Historia de Heracles antes dos Doce traballos, cando o seu nome era Alceo e non gañara o seu sobre nome “Heracles” ou a gloria de Hera. Céntrase en aspectos menos tratados como a dualidade e relación co seu irmán xemelgo Ificles. Bos debuxos, para boas lectoras/es.

Rossi & Le Tendre Tiresias, Ed. Planeta DeAgostini, Deliciosa historia de Tiresias, que ademais de famoso adiviño, viviu como muller e como home. Bos debuxos, moi interesante reflexión sobre a identidade sexual. Para lectoras avezadas/os. A partir de 3º de ESO.

Rubín, David. El Héroe I e II, Astiberri Ediciones. Magnífica versión libre sobre Heracles e os 12 traballos. Preséntasenos a un Heracles nun contexto intemporal, con elementos do pasado, presente e futuro. O tomo II amosa un Heracles maduro e atormentado. Para lectores/as iniciados, mellor a partir de 3º de ESO.

Rubín, David. El circo del desaliento, La tetería del Oso malayo... Fermosas historias curtas, mestura de realidade e fantasía pragadas de referentes clásicos

Sfar e Balin, Sócrates el semi-perro I: Heracles, , Ed. Sins Entido Sfar e Balin, Sócrates el semi-perro II: Ulises, Ed. Sins Entido Sfar e Balin, Sócrates el semi-perro III: Edipo en Corinto, Ed. Sins Entido. Versión libre, irreverente e case surrealistas dos personaxes de Heracles, Ulises e Edipo vistos por Sócrates, un can un tanto filósofo, máis cínico (como non podía ser menos) que socrático. Para lectoras maduras/os Shanower, Eric, La Edad de Bronce (Oito volumes en cómic sobre a Guerra de Troia), , ed. Azake. Vasta obra que pretende ter uns 50 volumes e ameaza con quedar inacabada. Documentación histórico-arqueolóxica impecable e magníficos debuxos. O autor prescinde de todo elemento divino. Moi densa, para bos e minuciosos lectores/as. Cómics cultura clásica. Páx. 4

Stevenson, Noelle, Leñadoras, ed. Sapristi. Primeiro volume dunha serie que promete. Libro de aventuras con heroínas femininas: rapazas trastes, aventureiras e sen medo que están de campamento. Referente clásico sorpresa. A partir de 1º de ESO

Thomas, Roy e Sepúlveda, M. A. La Ilíada, ed. Marvel. Magnífico en canto ao texto e minuciosidade, respectando o texto homérico co seu estilo épico. Debuxos na liña de superheroes de Marvel. Mellor a partir de 1º de BAC.

Thomas, R. La guerra de Troya, ed. Marvel. Bo e minucioso resumo da guerra de Troia, obviando os acontecementos da Ilíada, tratados nun tomo á parte. Mellor a partir de 1º de BAC.

Thomas, R. e Tocchini, G. La Odisea, ed. Marvel. Como os anteriores, adaptacións magníficas en canto ao texto, que conserva o estilo épico, moi completas e ben adaptadas. Debuxos a todo color típicos de superheroes de Marvel. Para lectoras/es consolidadas. Mellor a partir de 1º de BAC.

Williams, Marcia. La Ilíada y la Odisea, ed. Acanto: Resumo moi completo e simpático das dúas obras. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, 11 exemplares no IES de Melide

Williams, Marcia: Los mitos griegos, ed. Acanto, selección de 12 mitos gregos, simpático e ben explicado. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, no IES de Melide 10 exemplares.

Yamazaki, Mari & Tori, Miki, Plinius, ed. Ponent Mon. Serie manga de romanos centrada na figura de Plinio o Vello. Historieta interesante e amena, que a través das memorias deste famoso naturalista nos ofrece unha visión da ciencia no mundo antigo. Fácil de ler. A partir de 3º de ESO

Cómics cultura clásica. Páx. 5

View more...

Comments

Copyright ©2017 KUPDF Inc.
SUPPORT KUPDF